Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

A rede de persoas que traballan nos museos actívase diante da crise

10-04-2020

Pese ás prioridades que hai que establecer nunha situación como a actual, estas non deberan desprazar outras necesidades polo mero feito de que, na urxencia, nos podan parecer menos perenterorias. O sector cultural e artístico que ven padecendo de longo xa, unha acusada precariedade laboral, suma agora o cese da actividade remunerada. O colectivo que xenera os filmes e series, os libros, a música, a danza, os títeres ou conserva e difunde as obras de arte que nos acompañan e animan nestes días en moitos casos en aberto e de balde, é un colectivo moi vulnerable. No día de onte, a campaña #NonNosCanceles puxo de relevo todo isto, unha campaña á que se sumaron tamén traballadores e traballadoras dos museos.

Os museos son centros culturais, espazos de encontro e de transmisión de valores, que conservan e difunden o patrimonio, promocionan a diversidade cultural e reforzan a participación e a identidade da comunidade na que se insiren. E son ademais importantes activos no sector cultural, que contribúen á inversión económica e a xeneración de emprego. Persoal de conservación e restauración, documentación, exposicións, difusión, acción socioeducativa, pero tamén persoal de sala, recepción, guías, mantemento, seguridade ou limpeza. Un persoal que, desde distintas institucións museísticas en todo o mundo, tamén en Galicia, está facendo un intenso traballo nas plataformas dixitais para manter o acceso ao patrimonio do que se ocupan pero que pertence a todos e todas nós. Porén, a triste realidade é que moitas persoas do sector xa perderon temporal ou permanentemente os seus traballos e que, desde a incertidume sobre o momento e a maneira en que se vai dar a reapertura, así como as previsións da intención de visita e asistencia a actividades culturais, as expectativas de recuperalo vólvense escasas. E sen as persoas que o coidan, a memoria e o significado das cousas e dos lugares perderase.

É moi difícil abrir un museo. O doado é pechalo.
#NonNoscanceles #nonpechesanosamemoria #aculturataméncoida

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade