Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

ENREDOS TRADICIONAIS PARA FACER NA CASA

20-03-2020

Desde o Museo do Pobo Galego queremos ofrecervos diferentes xogos e actividades aptas para todas as idades, co fin de achegar ás vosas casas recursos da cultura tradicional.

Nesta entrada poñeránse a disposición materiais que teñen como obxectivo entreter e estimular cognitivamente, usando ferramentas do noso Patrimonio Cultural (como poden ser a música, as festas tradicionais, o baile ou a oralidade) e actividades didácticas inspiradas nos contidos da colección do Museo. 

 

LÁMINAS PARA COLOREAR

Apetécevos pintar? Con esta actividade poderedes colorear láminas inspiradas no noso folclore de xeito lúdico e coñecendo tamén a nosa cultura tradicional. Con deseños de instrumentos de música ou máscaras tradicionais poderedes, entre outras cousas, soltar a vosa creatividade e exercitar ao mesmo tempo a capacidade de atención, estimular a gnosia traballando coas cores e os contornos.

Descargar pichando aquí os deseños realizados por Xoán Ramón Marín Martínez: http://museodopobo.gal/web/MateriaisApoioEstimulacionCognitiva/LaminasColorearANEXO.pdf

Estas láminas pertencen á guía Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. Guía para a estimulación cognitiva realizada entre o Departamento de Éducación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego e AGADEA (Asociación Galega de Enfermos de Alzheimer) na que, a partir do noso patrimonio cultural, deseñamos actividades para exercitar todas as áreas cognitivas. Bótalle un ollo a guía completa aquí: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/file/ActivandoamemoriadesdeoMPG.pdf



 

ALFOMBRAS FLORAIS

A primavera está a chegar e desde o Museo propómosvos métela dentro da casa. Apetécevos? Aquí dicímosvos como podedes facer unha alfombra floral, desas que engalanan as rúas no mes de maio. 

Os pasos a seguir son:

  • Se tedes finca podedes apañar pétalos pero se non é así tamén podedes debuxalos en cartolinas de cores e recortalos.

  • Despois tedes que recortar os moldes para facer os deseños da alfombra (obra de Xoán Ramón Marín Martínez). Tédelos aquí: http://museodopobo.gal/web/MateriaisApoioEstimulacionCognitiva/AlfombrasFestaCelebracions.pdf

  • O seguinte paso é poñer os moldes recortados enriba de papel mural ou dalgún espazo da casa que vos apeteza, e logo ir enchendo eses moldes cos pétalos que apañastes ou recortastes.

Con esta proposta lúdica, ademais de coñecer a tradición das alfombras florais, estaredes a exercitar a psicomotricidade, ao executar accións motoras (como recortar coas tesoiras, copiar os padróns, pegar os pétalos etc.), o coñecemento e diferenciación de cores e formas, ou a capacidade de concentración e atención, ao manter un estado de activación mental adecuado. 

Podedes ver a descrición completa deste exercicio na páxina 31 da guía Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/file/ActivandoamemoriadesdeoMPG.pdf

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
10:30 -14 hours // 16 - 19:30 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy