Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

ACTIVIDADES PARA ENREDAR NA CASA

20-03-2020

Desde o Museo do Pobo Galego queremos ofrecervos diferentes xogos e actividades aptas para todas as idades, co fin de achegar ás vosas casas recursos da cultura tradicional.

Nesta entrada poñeránse a disposición materiais que teñen como obxectivo entreter e estimular cognitivamente, usando ferramentas do noso Patrimonio Cultural (como poden ser a música, as festas tradicionais, o baile ou a oralidade) e actividades didácticas inspiradas nos contidos da colección do Museo. 

 

 

LÁMINAS PARA COLOREAR

Apetécevos pintar? Con esta actividade poderedes colorear láminas inspiradas no noso folclore de xeito lúdico e coñecendo tamén a nosa cultura tradicional. Con deseños de instrumentos de música ou máscaras tradicionais poderedes, entre outras cousas, soltar a vosa creatividade e exercitar ao mesmo tempo a capacidade de atención, estimular a gnosia traballando coas cores e os contornos.

Descargar pichando aquí os deseños realizados por Xoán Ramón Marín Martínez: http://museodopobo.gal/web/MateriaisApoioEstimulacionCognitiva/LaminasColorearANEXO.pdf

Estas láminas pertencen á guía Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. Guía para a estimulación cognitiva realizada entre o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego e AGADEA (Asociación Galega de Enfermos de Alzheimer) na que, a partir do noso patrimonio cultural, deseñamos actividades para exercitar todas as áreas cognitivas. Bótalle un ollo a guía completa aquí: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/file/ActivandoamemoriadesdeoMPG.pdf



 

ALFOMBRAS FLORAIS

A primavera está a chegar e desde o Museo propómosvos métela dentro da casa. Apetécevos? Aquí dicímosvos como podedes facer unha alfombra floral, desas que engalanan as rúas no mes de maio. 

Os pasos a seguir son:

  • Se tedes finca podedes apañar pétalos pero se non é así tamén podedes debuxalos en cartolinas de cores e recortalos.

  • Despois tedes que recortar os moldes para facer os deseños da alfombra (obra de Xoán Ramón Marín Martínez). Tédelos aquí: http://museodopobo.gal/web/MateriaisApoioEstimulacionCognitiva/AlfombrasFestaCelebracions.pdf

  • O seguinte paso é poñer os moldes recortados enriba de papel mural ou dalgún espazo da casa que vos apeteza, e logo ir enchendo eses moldes cos pétalos que apañastes ou recortastes.

Con esta proposta lúdica, ademais de coñecer a tradición das alfombras florais, estaredes a exercitar a psicomotricidade, ao executar accións motoras (como recortar coas tesoiras, copiar os padróns, pegar os pétalos etc.), o coñecemento e diferenciación de cores e formas, ou a capacidade de concentración e atención, ao manter un estado de activación mental adecuado. 

Podedes ver a descrición completa deste exercicio na páxina 31 da guía Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/file/ActivandoamemoriadesdeoMPG.pdf

 

 

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade