Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

A didáctica no Museo do Pobo Galego, un proxecto pedagóxico para a diversidade e a inclusión

12-02-2020

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2020. O Departamento de Educación e Acción Cultural (DEAC) continúa a traballar neste ano 2020 na idea do museo como un espazo accesible e inclusivo. Un dos obxectivos  principais do departamento é contar cunha programación integradora, que responda á complexa pluralidade da nosa sociedade desde unha visión interdisciplinaria e  transversal dos contidos. Neste sentido, e no referente ao deseño das actividades para escolares, o programa para este curso introduce a matemática lúdica centrada na obra do arquitecto Domingo de Andrade e unha proposta de ciencia aplicada á cultura popular levado a cabo polo Club UNESCO Ciência, Tradição e Cultura do Instituto Politécnico de Castelo Branco. O programa educativo do Museo inclusivo, actual e innovador serviulle para que fose seleccionado por un proxecto do Ministerio de Ciencia e Innovación sobre avaliación cualitativa de programas didácticos en museos levado a cabo pola Universidade de Oviedo durante o 2011-2014.

 

 

 

DIVERSIDADE E INCLUSIÓN
O Museo do Pobo Galego impulsa dende o Departamento de Educación e Acción Cultural a colaboración con distintas entidades galegas de atención á diversidade funcional. Este é o segundo ano consecutivo no que se desenvolve un proxecto educativo nesta liña. As actividades, centradas nesta ocasión na relación de Galicia co mar, queren achegarse á experiencia das persoas con diversidade funcional (problemas de mobilidade, discapacidades orgánicas, perdas perceptivas) e discapacidade intelectual no Museo, realizando diferentes focos con distintos colectivos para ir profundando nas necesidades de cada un. Este ano realizáronse sesións con ASPANAES (Asociación de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Compostela), coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela e Down Compostela. Ademais de seguir colaborando con asociacións como AGADEA coa guía de recursos para a estimulación cognitiva para persoas con demencia e alzheimer. O obxectivo final é ir conseguindo a mellora da accesibilidade e acadar un espazo no que todo o mundo poda gozar.

 

DOMINGO DE ANDRADE
Entre os eixos temáticos cos que o DEAC do Museo do Pobo Galego encara o seu traballo para o ano 2020, o arquitecto Domingo de Andrade ten unha presenza importanteO autor da torre do reloxo da Catedral de Santiago de Compostela e do convento de Bonaval, onde ten a súa sé o noso Museo, é o homenaxeado no Día das Artes Galegas de 2020. O Departamento de Educación e Acción Cultural deseñou un programa de actividades que celebran ao arquitecto e a súa obra a través da matemática lúdica, a narración oral, o baile e o ensino práctico de arquitectura para escolares.


Fórmula Andrade. En colaboración coa Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) póñense a disposición dos e das docentes de secundaria e o seu alumando os materiais para realizar un percorrido matemático polo edificio de Bonaval. Trátase de resolver incógnitas matemáticas relacionadas coa arquitectura de Domingo de Andrade.
 
Andrade co Lupo. Unha viaxe na que aprender facendo as obras máis destacables de Domingo de Andrade. Lupo é un sistema educativo que utiliza a arquitectura como disciplina transversal clave para interpretar a realidade que nos rodea e introducirnos no coñecemento de moitos campos e disciplinas.
 
Barrococó. Espectáculo de narración oral e música da compañía Rilo & Penadique dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Primaria.
 
O enredo barrocoA partir da danza de fitas, achégase o mundo barroco de Andrade e ás formas que debuxou nos seus deseños (como, por exemplo, a escaleira helicoidal) aos escolares de 3º e 4º de Educación Primaria.

 

 

CIENCIA, CENTROS ESCOLARES E MUSEO
"Os nossos e as nossas avôs foram cientistas" é un proxecto dirixido polo Club UNESCO Ciência, Tradição e Cultura do Instituto Politécnico de Castelo Branco, (Portugal). A iniciativa, que está destinada para alumnado de Infantil e Primaria,  investiga e explica a cultura popular en termos científicos. Os temas son diversos e van desde as abellas e o mel ao cultivo do liño, pasando pola alimentación, elaborando materiais didácticos de traballo na aula. Este colectivo de profesorado portugués chega a Galicia a través do Museo do Pobo Galego coa idea de atopar parcerías entre o persoal docente do país para traballar de forma conxunta co alumnado a ambas dúas beiras da raia.
 

INVESTIGACIÓN EXTERNA
Por segunda vez persoal investigador da Universidade de Oviedo conta co Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego para facer parte dun proxecto sobre avaliación cualitativa de programas didácticos en museos. A primeira foi no proxecto ECPEME da Dirección General de Investigación y Gestión del Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación baixo a dirección da investigadora Roser Calaf durante os anos 2011-2014. Agora a participación no traballo desenvolvido por unha bolseira FPU adscrita á Universidade de Oviedo, será tamén unha oportunidade para unha nova avaliación en profundidade do noso programa didáctico e dunha revisión do PEM (Proxecto Educativo do Museo).

 

Descargar PDF

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade