Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

A 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico ofrecerá dous cursos formativos na súa sección Ollares Intencionados

13-02-2020

 

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020. Comeza a conta atrás para a celebración da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 23 ao 29 de marzo de 2020 en Santiago de Compostela. 

 

A docente e antropóloga Adriana Vila Guevara e o creador Vicente Vázquez realizarán nesta décimo quinta edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico dous cursos de formación dentro da sección 'Ollares Intencionados'. A organización adianta con estas dúas propostas, parte das actividades formativas que se desenvolverán durante a MICE, e que apostan pola especialización no campo da etnografía e da antropoloxía audiovisual.

 

O taller de Adriana Vila Guevara, leva por título 'Da investigación á creación biográfica', e terá lugar durante a tarde do venres 27 de marzo e o sábado 28 durante toda a xornada. Este taller céntrase en achegar unha metodoloxía e os recursos de base etnográfica, pero tamén cinematográfica e creativa, para aproximarse a labor de comprensión do Outro/Outra. Pola outra banda, o seminario 'O quefacer das imaxes' que impartirá o creador Vicente Vázquez durante a tarde do xoves 26 de marzo. Este seminario ten como fin prefigurar novos procedementos do quefacer da arte e a etnografía, ademais de cuestionar ou poñer en suspensión as convencións sociais existentes arredor da cultura do traballo, partindo da visualización dalgúns dos traballos editoriais, audiovisuais e expositivos do autor. 

 

 

+ INFORMACIÓN Curso do Adriana Vila Guevara: https://bit.ly/37lOPbq

 

+ INFORMACIÓN Curso Vicente Vázquez: https://bit.ly/38CocjZ

 

 

[A imaxe é un avance do cartaz da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - Museo do Pobo Galego da realizadora e fotógrafa Sabela Iglesias]

 

Co apoio de Concello de Santiago de Compostela, AGADIC, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade