Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

O Museo do Pobo Galego aposta pola xeotermia como forma de enerxía sostible

18-12-2019

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019. A obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego, dirixida polo Consorcio de Santiago, xa leva varios meses en marcha. Nestes intres estase a avanzar nas sondaxes para a instalación da xeotermia, nunha importante aposta pola sostibilidade.

 

Os arquitectos da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago responsables deste proxecto, Idoia Camiruaga e Ramón Fernández Hermida, salientan que “en Santiago hai moi poucos edificios que obteñan a enerxía de acondicionamiento térmico da xeotermia e ningún é patrimonial. Trátase de aproveitar a enerxía que proporciona a terra para producir calor e/ou frío de xeito sostible, o que a converte nunha das formas de enerxía renovable máis eficiente”.

 

Os expertos destacan que “esta medida suporá unha notable diminución do consumo anual de enerxía no edificio, evitando ademais a emisión á atmosfera de gases contaminantes de efecto invernadoiro. A enerxía xeotérmica non devolve á atmosfera o CO2 acumulado durante séculos, como si ocorre coa biomasa ou, de xeito moi marcado, cos derivados do petróleo”. Nesta liña, lembran que Galicia ten apostado pola xeotermia cunha regulación “pioneira” en España.

 

Os arquitectos indican que “o xardín do conxunto monumental está feito sobre un gran recheo artificial que alcanza, nalgúns puntos, os 1,80 metros”. Explican que se fixeron sondaxes arqueolóxicas nas que se pode apreciar que os recheos corresponden a épocas modernas, pola mestura de materiais. “Por todo isto, é sinxelo empregar esta área para conectar as canalizacións do fluído procedente das sondas de xeotermia” -apuntan-. Por outro lado, no xardín protexeuse a pía de granito, así como a vexetación existente, en especial a araucaria.

 


Os primeiros achados
Os responsables do proxecto sinalan que os traballos de demolición avanzan con coidado e xa están a deixar ao descuberto restos como os da capela neogótica do antigo hospicio, de arredor de 1898. Decidiuse protexer a pía de auga bendita aparecida entre os tabiques de cartón-xeso.

 

Por outro lado, identificouse un armario de madeira de castiñeiro correspondente tamén ao período de transformación do edificio en hospicio. Vaise desmontar para almacenalo nun lugar seguro, de xeito que estea protexido durante as obras, para devolvelo ao edificio unha vez rematada a intervención.

 

Os arquitectos aseguran que “non parece haber humidades de filtración da ladeira de Bonaval neste edificio da ala sur”. E indican que se está a realizar o estudo da fachada do atrio da igrexa de Bonaval, previo aos traballos de limpeza e restauración da mesma, que inclúe as carpinterías e reixas históricas.

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade