Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

Estrea do documental O latexo do tempo humano no Museo do Pobo Galego

12-12-2019

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019.- O Museo do Pobo Galego acolle este xoves 12 de decembro ás 18:30h a presentación do documental O latexo do tempo humano. Tres pezas, tres artesáns co guión, dirección e posprodución realizada por Illa Bufarda. Este audiovisual, que nos aproxima á materialidade efímera das comunidades da Idade do Ferro, nace a partir do estudo das pezas de madeira carbonizada atopadas no Castro de Castromaior (Portomarín, Lugo) realizado por María Martín Seijo, investigadora posdoutoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

No acto intervirán Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; María Martín Seijo, da Universidade de Santiago de Compostela; Sabela Iglesias e Pilar Abades de Illa Bufarda e os tres artesáns protagonistas do documental, Lolo de Severiano (Manuel Castro), Tito Ledo e Lola Tourón. 

Despois do estudo arqueolóxico e arqueobotánico do conxunto de pezas, foron seleccionadas tres delas: unha culler, un cesto e unha vasilla, para que tres artesáns reflexionaran sobre elas e sobre o proceso de traballo asociado ás mesmas.

A culler que vai á boca, a vasilla que contén o alimento e o cesto que permite almacenar e transportar, son dos obxectos menos coñecidos a nivel arqueolóxico pero que nos transportan directamente á vida cotiá das comunidades pasadas e nos conectan co pasado. A visión aportada polos tres artesáns protagonistas do documental sobre as pezas arqueolóxicas constitúe unha valiosa aportación á conservación do patrimonio inmaterial asociado ao traballo dos materiais vexetais, á cestería e á tornería, pero tamén unha vía de investigación sobre o patrimonio arqueolóxico. Este audiovisual forma parte das tarefas de divulgación dos resultados do proxecto de investigación “MATERIAL - Materialidade e Cultura Material: Madeira e outros materiais vexetais en contextos arqueolóxicos” financiado pola Xunta de Galicia.

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy