Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

Último mes para visitar a exposición 'Galicia Máxica: Romarías e santuarios' no Museo do Pobo Galego

28-08-2019

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2019. A exposición fotográfica “Galicia Máxica: Romarías e santuarios”, do antropólogo e historiador danés Gustav Henningsen, poderase visitar ata o vindeiro 22 de setembro no Museo do Pobo Galego. É o último mes para que o público se achegue a coñecer esta mostra, que reúne unha selección de máis de 80 imaxes tomadas entre 1965 e 1968 nas que se amosan os santuarios e as romerías máis significativas de Galicia.

 

Neste último mes tamén se retomarán as visitas guiadas á mostra da man de David Conde, comisario da exposición. Estas visitas, de carácter gratuíto, terán lugar os mércores, días 4, 11 e 18 de setembro ás 17h30 da tarde. Para asistir a esta actividade é preciso inscribirse previamente enviando un correo electrónico a exposicions@museodopobo.gal ou chamando ao 981583620. 

 

 

Do sacro ao profano

Esta exposición de Gustav Henningsen abarca un percorrido en imaxes por diferentes lugares, nos que se pode contemplar como as romarías combinan o carácter sacro e o profano. Por unha beira, o percorrido polas fotografías mostra a presenza milagreira a través das procesións na Nosa Señora da Franqueira (A Cañiza), as propiedades para sandar das pedras de San Benitiño da Cova do Lobo (Barbadás), as poxas na Lanzada ou as ofrendas e os exvotos na Nosa Señora do Corpiño (Lalín) ou en San Campio de Lonxe (Tomiño). Ao mesmo tempo, Henningsen tamén recolle a parte máis festiva deses actos sacros coas reunións ao aire libre e as animadas celebracións como os xantares de campo.
 

O doutor en antropoloxía Gustav Henningsen chegou a Galicia en 1965 cunha bolsa da Universidade de Copenhague, co fin de investigar para a súa tese crenzas e tradicións vinculadas á historiografía da bruxería. Durante tres anos percorreu pobos e aldeas xunto á súa muller Marisa, achegándose a todo tipo de tradicións, ritos e prácticas ancestrais, que recompilou nunha valiosa documentación fotográfica e oral. No ano 2015, o Museo do Pobo Galego dedicou unha mostra e unha documentada publicación a este acreditado folclorista danés, con imaxes realizadas na comarca de Ordes, baixo o nome Galicia máxica: reportaxe dun mundo desaparecido. Fotografías etnográficas 1965-1968. A exposición actual recupera aquel mesmo título para continuar poñendo en valor o arquivo fotográfico de Henningsen, depositado no Museo. Ao mesmo tempo, rende homenaxe a Antonio Fraguas, primeiro director da nosa institución e autor da obra Romarías e santuarios.

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade