Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

O Museo do Pobo Galego acolle a exposición que conmemora o centenario da Revista Nós

09-12-2019

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019. A Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura en colaboración co Museo do Pobo Galego inaugura este mércores 11 de decembro a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia. O acto terá lugar ás 17h30 no Claustro do Museo do Pobo Galego

Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia

Con esta mostra, a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura adiántase á conmemoración dos 100 anos de historia da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de outubro de 1920. A exposición realiza un percorrido pola significación e a obra dos principais persoeiros do Grupo Nós: Vicente Risco (director literario), Castelao (director artístico), Ramón Otero Pedrayo ou Ánxel Casal (entre outros), así coma a súa conexión co Seminario de Estudos Galegos, iniciativa importante que marca o comezo dunha ciencia multidisciplinar en galego e sobre Galiza. Cómpre engadir, que o Grupo Nós será amplamente estudado por Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica o próximo día das Letras Galegas 2020, testemuña desta época e estudoso da obra dos principais artífices do Grupo.

Na inauguración estarán presentes Xosé Regueira e Xurxo Couto, vicepresidente a responsable de Cultura respectivamente da Deputación da Coruña; Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; Luís Martínez-Risco, presidente da Fundación Vicente Risco; Mª Antonia Pérez, presidenta da Asociación Cultural O Galo de Compostela; e María Pilar García Negro, presidenta da Federación Galiza Cultura. O acto tamén contará coa actuación da Coral Solfa. 

 

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy