Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

Os 'Cadernos Ramón Piñeiro' dedican un número a Antonio Fraguas

03-12-2019

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019.- O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación do novo número dos Cadernos Ramón Piñeiro dedicado a Antonio Fraguas, director e presidente do Padroado do Museo e homenaxeado das Letras Galegas en 2019. A publicación está formada por un limiar e trinta e seis colaboracións que recollen lembranzas arredor da vida e da obra do autor natural de Cotobade.

No acto estiveron presentes Justo Beramendi, presidente do Padroado e da Fundación Antonio Fraguas Fraguas; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; ou Luís Cochón, coeditor da obra.

Homenaxe colectiva

Este número dos Cadernos Ramón Piñeiro XXXIX. Antonio Fraguas: laboris causa. Trigo limpo candeal correu a cargo dos profesores Luís Cochón e Justo Beramendi. O volume constitúe unha homenaxe colectiva ao autor na que participaron Arcadio López-Casanova, Nélida Piñón, Víctor F. Freixanes, Clodio González Pérez, Ana Acuña, Luís Alonso Girgado, Emilio Araúxo, Xosé Luís Axeitos, Carlos Baliñas Fernández, Xosé Ramón Barreiro Rivas, Guilermo Campos Piñón, Rafael Chacón Calvar, Caetano Díaz, Francisco Díaz-Fierros, Xosé Ramón Fandiño, Mar Fernández-Vázquez, Xosé Fortes, Xosé Fuentes Allende, Xoán Carlos Garrido, David González Couso, Manuel González González, X. M. González Reboredo, Bieito Iglesias, Emilio Xosé Ínsua, Gonzalo Navaza, Camiño Noia, Daniel Pino, Xabier Ron, Anxo Tarrío, Xosé Carlos Valle, Antón Vidal Andión, Manuel Vilar, María Dolores Villanueva. 

O volume do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) inclúe ademais, a modo de presentación, unha lembranza de Antonio Fraguas asinada por Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego e académico correspondente falecido o ano pasado.

 

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy