Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico abre o prazo de recepción para a súa 15ª edición

07-11-2019

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019. - A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do  Museo do Pobo Galego, que se desenvolverá entre o 23 e o 29 de marzo de 2020, abre o prazo para a presentación de filmes que serán seleccionados para concursar na Sección Oficial da XV edición da mostra.

As películas que poderán concorrer á MICE deberán ter sido producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2017. O prazo de admisión de filmes estará aberto dende hoxe, día 7 de novembro, ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2020 ás 23.59h, a través das webs Clickforfestivals e FestHome.

O Museo do Pobo Galego promove a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico co fin de achegar o cine etnográfico e a antropoloxía audiovisual ao público, entendendo o cinema etnográfico como unha ferramenta de investigación, comunicación e creación, no ámbito da representación da diversidade cultural. Busca xerar un espazo de diálogo e intercambio arredor de filmes que mostren aspectos relacionados coas distintas realidades socioculturais, tendo como foco principal as persoas, os grupos sociais ou os procesos históricos relevantes relacionados coa antropoloxía e a etnografía. 

PREMIOS

As películas que resulten elixidas para concurso optarán ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico, dotado con 1000 euros, trofeo e diploma. As películas galegas seleccionadas a concurso optarán tamén ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego, dotado con 700 euros, trofeo e diploma. O Premio do público consistirá nun diploma e trofeo acreditativo. Por último, o Premio AGANTRO premiará a excelencia antropolóxica e será outorgado pola Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural, dotado con 500 euros, diploma e trofeo. 

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy