Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

O simposio das Letras Galegas continúa no Museo do Pobo Galego centrado no Fraguas docente, xeógrafo, arqueólogo e etnógrafo

27-11-2019

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019.- O Simposio Antonio Fraguas continúa hoxe e mañá no Museo do Pobo Galego con máis dunha ducia de relatorios que profundarán nas achegas do protagonista do Día das Letras Galegas ao campo da etnografía e do folclore, o que cultivou con maior intensidade, mais tamén á xeografía e á arqueoloxía, ás que contribuíu igualmente dende os anos de mocidade como membro do Seminario de Estudos Galegos. Nestes dous últimos eidos centrarase o programa deste mércores, que incidirá no labor de enlace de don Antonio entre o SEG e as novas xeracións de investigadores galeguistas. Haberá ademais ocasión de lembrar o Fraguas docente da man da catedrática emérita da Universidade de Vigo Camiño Noia, alumna de don Antonio no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela nos anos 60.

O programa, coorganizado pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego coa colaboración da Xunta de Galicia, pretende enriquecer a celebración das Letras Galegas dende a perspectiva científica profundando tanto no legado de Antonio Fraguas como no estado actual e as perspectivas de futuro das diversas disciplinas que desenvolveu.

Tras a xornada celebrada onte na Academia a institución que decidiu dedicarlle este ano o Día das Letras Galegas e da que foi membro de número—, o simposio continúa no museo que dirixiu dende a súa fundación, en 1977, e do que foi logo presidente, tras o pasamento do seu irmán Xaquín Lorenzo.

O programa de hoxe arrincará ás 16:30 horas coas intervencións de Francisco Durán e Valerià Paül, profesores do departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, que achegarán o público á situación da xeografía e do seu ensino antes e despois de Antonio Fraguas. O mesmo farán coa arqueoloxía Francisco Calo Lourido, patrón do Museo do Pobo Galego e académico correspondente; Felipe Arias Vilas, exdirector do Museo do Castro de Viladonga e profesor ad honorem da Facultade de Humanidades da USC; e María Pilar Prieto Martínez, profesora da Facultade de Xeografía e Historia da mesma universidade.

O Simposio Antonio Fraguas concluirá este xoves, 28 de novembro, poñendo o foco na etnografía e no folclore da man de María Concepción Losada, Clodio González, António Medeiros, Luzia Oca, Cristina Sánchez Carretero, Xosé C. Sierra e Xerardo Pereiro.

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade