Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle información relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Idioma

Seleccione su idioma

menú de navegación rápida

vuelva al inicio, navegue a través del mapa web o póngase en contacto con nosostros



Está usted en:

Noticias

O Museo do Pobo Galego pecha o ano de Antonio Fraguas con novas actividades

04-12-2019

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019.- O Museo do Pobo Galego organizará neste mes de decembro varias actividades co motivo de homenaxear a Antonio Fraguas, quen foi director e presidente do Padroado, e pechar así este ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

Por unha banda, a Biblioteca do Museo do Pobo Galego organiza unha pequena exposición na que se amosa un dos aspectos máis persoais do arquivo de Fraguas, recollendo unha escolma das postais de Nadal que se gardan entre a súa correspondencia. A mostra, situada na entrada ao claustro do Museo, estará aberta ao público ata finais deste ano. 

 

Na selección pódense ver postais enviadas por Manoel Beiras, Ben-Cho-Shey, Francisco Fernández del Riego, Josefina e Teresa Castelao, Màrio Cardozo ou José Manuel Pita Andrade, que teñen deseños feitos na súa maior parte por artistas galegos como Ventura Cores, Xohán Ledo, Virxilio, Arturo Souto, Antón Patiño, Isaac Díaz Pardo ou Sobrino Buhigas (entre outros).

Cantigueiro de Cotobade co dúo Oradaladou

A nota musical deste final de ano estará posta polo dúo Oradaladou o vindeiro sábado 28 de decembro ás 19:30h no Museo do Pobo Galego. O grupo composto por Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz) ofrecerá un concerto no que interpretarán un repertorio de 13 pezas do seu disco Cantigueiro de Cotobade, composto a partir das coplas recollidas por Antonio Fraguas dentro do traballo etnográfico que levou a cabo no lugar de onde era natural.

A actuación, que terá lugar no aniversario do seu nacemento, será a actividade que clausurará a exposición temporal 'Antonio Fraguas. Letras Galegas 2019' organizada e promovida polo Museo do Pobo Galego. A entrada ao concerto é libre previa retirada de entrada na recepción do Museo (os billetes estarán dispoñibles dende o día 21 de decembro). 

Horario de visitas

Horario del Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos y festivos
11 - 14 horas

LUNES CERRADO

24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas

Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)

Tarifas

Tarifas del Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)

Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados

Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona

Visita a exposiciones temporales:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)


DÓNDE ESTAMOS

Situación geográfica del Museo

acceso al mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Más información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto

más información de las visitas guiadas

visita virtual

Una mirada virtual al museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto y Política de privacidad