Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

O Simposio Antonio Fraguas profunda no legado do protagonista das Letras Galegas 2019 con tres xornadas entre A Coruña e Santiago 

25-11-2019

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019. - O Simposio Antonio Fraguas poralle o ramo á celebración das Letras Galegas 2019 cun programa que arrincará o martes 26 de novembro na Real Academia Galega (A Coruña) e continuará os días 27 e 28 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela). Ambas as institucións, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Antonio Fraguas organizan conxuntamente este encontro, que xuntará unha vintena de voces que profundarán na pegada de Antonio Fraguas na cultura galega e no seu legado nos estudos de etnografía e folclore, xeografía e arqueoloxía.

O simposio, que é de entrada gratuíta ata completar aforo, terá a xornada inaugural na sede da Real Academia Galega na rúa Tabernas, 11 da Coruña, o martes 26 de novembro a partir das 19 horas. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, coordinará unha mesa na que María Xosé Fernández Cerviño ofrecerá un perfil biográfico da figura homenaxeada este 17 de maio pola RAG, institución á que pertenceu dende 1942, primeiro como académico correspondente e a partir de 1951 como membro de número. Antonio Reigosa falará dalgúns seres fantásticos de Galicia sobre os que escribiu Antonio Fraguas e o académico Francisco Díaz-Fierros analizará as súas achegas sobre o territorio e a paisaxe. O serán concluirá cun concerto de Oscar Ibáñez baseado no Cancioneiro de Cotobade, recollido polo propio Fraguas na súa terra natal.

O programa continuará o mércores 27 e o xoves 28 de novembro en Santiago de Compostela, na sede do Museo do Pobo Galego, institución na que Antonio Fraguas participou activamente dende a súa xestación. El foi, de feito, o seu primeiro director, dende 1977 ata 1989, cando pasou a presidir o padroado desta institución tras o pasamento do seu amigo Xaquín Lorenzo. Máis dunha ducia de especialistas afondarán nestas dúas xornadas no legado de Antonio Fraguas na etnografía e o folclore, a xeografía e a arqueoloxía, e reflexionarán tamén sobre a evolución destas disciplinas antes e despois das súas achegas.

A xeografía e a arqueoloxía centrarán o programa do mércores 27 de novembro contando coas achegas de Francisco Durán, Valerià Paül, Camiño Noia, Henrique Monteagudo, Francisco Calo Lourido, Felipe Arias e María Pilar Prieto Martínez. O Simposio Antonio Fraguas concluirá o 28 de novembro poñendo o foco na etnografía e no folclore da man de María Concepción Losada, Clodio González, António Medeiros, Luzia Oca, Cristina Sánchez Carretero, Xosé C. Sierra e Xerardo Pereiro.

O Simposio Antonio Fraguas, que conta co apoio da Xunta de Galicia, será coordinado polo secretario da RAG, Henrique Monteagudo; o académico e membro do padroado do MPG, Clodio González; e a antropóloga Lucia Oca González, membro da Comisión de Igualdade do CCG. A asistencia é libre e gratuíta ata completar a capacidade das salas. As persoas que precisen un xustificante de asistencia poderán solicitalo no correo electrónico secretaria@academia.gal.

Consulta o programa aquí

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
10:30 -14 hours // 16 - 19:30 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
25 de decembro (Nadal)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
3 euros

Reduced rate:
1 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 2 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 8 or more, or 4 with large family ID card:
2 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy