Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

Inauguración da exposición 'Son de Galicia'

10-10-2019

O Museo do Pobo Galego acolle hoxe xoves 10 de outubro ás 20h00 a inauguración da exposición “Son de Galicia. Canto, música, baile e teatro dos coros”, unha proposta do Consello da Cultura Galega que ten como fin divulgar o papel que tiveron os coros galegos no desenvolvemento da cultura galega do século XX.

 

Na inauguración estará presente Rosario Álvarez, presidenta del Consello da Cultura Galega, e Concha Losada, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego. Ademais de Miguel Anxo Seixas, comisario de "Son de Galicia" e Antón Fernández, representante de Cantigas e Agarimos, un dos coros ao que o proxecto expositivo presta atención. A mostra temporal, de carácter gratuíto, estará aberta ata o vindeiro 3 de novemebro. 

 

Son de Galicia

 

A exposición "Son de Galicia" constrúe o seu relato narrativo a partir dos arquivos dos catro coros históricos de Galicia, cuxas formacións seguen activas na actualidade: Toxos e Froles (Ferrol, 1914), Cántigas da Terra (A Coruña, 1916), Coral De Ruada (Ourense, 1918) e Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela, 1921).

 

A mostra trata diferentes contidos que van dende os precedentes (o coro Aires de la Terra de Pontevedra), así como as actividades musicais e a labor de recuperación da música tradicional e cantigas populares, a vestimenta e a realización de escenografía propia e o deseño de arte (coa figura destacada de Camilo Díaz Valiño, entre outros), a labor filantrópica e benéfica, a proxección exterior ou o compromiso con Galicia e a súa identidade. A mostra tamén da a coñecer como os coros asumen as representacións teatrais e dramáticas e a preocupación pola conservación da lingua galega (por exemplo, a Cantigas e Agarimos débeselle a estrea de Os vellos non deben namorarse o 25 de xullo de 1961 na Praza da Quintana) e o papel de divulgación do baile e as coreografías dentro e fóra de Galicia, iniciando a tradición do folclorismo que logo explotaría o franquismo.
 

Este percorrido polos diferentes aspectos que conforman o riquísimo mundo do folclore galego móstrase a través de distintos paneis de imaxes, acompañados de vitrinas nas que se mostra documentación, publicacións, manuscritos, partituras e máis fotografías, ademais doutros obxectos como instrumentos, discos, vestimenta, esbozos de decorados e material audiovisual que permitirá ver imaxes históricas deste tipo de sociedades grazas á colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). 

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade