Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle información relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Idioma

Seleccione su idioma

menú de navegación rápida

vuelva al inicio, navegue a través del mapa web o póngase en contacto con nosostros



Está usted en:

Noticias

O Museo do Pobo Galego recibe en depósito 40 pezas de indumentaria feminina da Fundación Rosalía de Castro

26-09-2019

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019. O Museo do Pobo Galego verá ampliada a súa colección de indumentaria grazas ao depósito dun fondo de 40 pezas de roupa feminina, datadas nos séculos XIX e XX e procedentes da Fundación Rosalía de Castro.

 
Esta mañá Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego, e Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro, firmaron o convenio de depósito na Biblioteca Antonio Fraguas do Museo. Trátase de vestimenta feminina elaborada entre 1875 e 1914 na súa meirande parte, con algunha peza procedente dunha época posterior (anos 30 e 50). A Fundación Rosalía de Castro deposita esta roupa no Museo do Pobo Galego para ampliar a colección de indumentaria e para a súa mellor conservación.

 

As pezas depositadas, das que se descoñece a súa historia previa, son roupa que empregaba a fidalguía e a burguesía, clases de gran poder adquisitivo que ocupaban un lugar alto na xerarquía social. Trátanse de chambras, corpos de traxe, chaquetas (na maioría partes superiores) que seguen as pautas da moda internacional, pois as mulleres destas clases sociais buscaban a distinción vestindo segundo os patróns marcados desde os centros europeos da moda. Concretamente, para a moda feminina da época, de París.


Esta roupa destaca polos tecidos e adornos empregados para a súa confección. As pezas máis antigas están elaboradas con damascos, veludos, tules ou saténs; tecidos traídos da industria téxtil europea e feitos de fibras naturais como a la, o liño, o algodón ou a seda. Con respecto aos adobíos, moita desta vestimenta está engalanada con agremáns de cordón e abelorios de vidro, moi de moda naquel tempo.

 
Como peza destacada deste depósito atópase un corpo de traxe feminino de satén de seda, elaborado en cor verde, con adornos de tule que inclúen un bordado floral de fío en diferentes cores. A cinturiña interior da peza ten bordada a marca da modista Emilia Morales, de quen sabemos por unha factura da época que estaba establecida no número 30 da rúa de Santo André da Coruña na década de 1870.

 

Horario de visitas

Horario del Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos y festivos
11 - 14 horas

LUNES CERRADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Cierre anual
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas del Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)

Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 2 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados

Grupos a partir de 8 personas, o de 4 personas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposiciones temporales:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)


DÓNDE ESTAMOS

Situación geográfica del Museo

acceso al mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Más información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto

más información de las visitas guiadas

visita virtual

Una mirada virtual al museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto y Política de privacidad