Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019. O Museo do Pobo Galego verá ampliada a súa colección de indumentaria grazas ao depósito dun fondo de 40 pezas de roupa feminina, datadas nos séculos XIX e XX e procedentes da Fundación Rosalía de Castro.
Esta mañá Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego, e Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro, firmaron o convenio de depósito na Biblioteca Antonio Fraguas do Museo. Trátase de vestimenta feminina elaborada entre 1875 e 1914 na súa meirande parte, con algunha peza procedente dunha época posterior (anos 30 e 50). A Fundación Rosalía de Castro deposita esta roupa no Museo do Pobo Galego para ampliar a colección de indumentaria e para a súa mellor conservación.
As pezas depositadas, das que se descoñece a súa historia previa, son roupa que empregaba a fidalguía e a burguesía, clases de gran poder adquisitivo que ocupaban un lugar alto na xerarquía social. Trátanse de chambras, corpos de traxe, chaquetas (na maioría partes superiores) que seguen as pautas da moda internacional, pois as mulleres destas clases sociais buscaban a distinción vestindo segundo os patróns marcados desde os centros europeos da moda. Concretamente, para a moda feminina da época, de París.
Esta roupa destaca polos tecidos e adornos empregados para a súa confección. As pezas máis antigas están elaboradas con damascos, veludos, tules ou saténs; tecidos traídos da industria téxtil europea e feitos de fibras naturais como a la, o liño, o algodón ou a seda. Con respecto aos adobíos, moita desta vestimenta está engalanada con agremáns de cordón e abelorios de vidro, moi de moda naquel tempo.
Como peza destacada deste depósito atópase un corpo de traxe feminino de satén de seda, elaborado en cor verde, con adornos de tule que inclúen un bordado floral de fío en diferentes cores. A cinturiña interior da peza ten bordada a marca da modista Emilia Morales, de quen sabemos por unha factura da época que estaba establecida no número 30 da rúa de Santo André da Coruña na década de 1870.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime. Download