Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

A música e as fronteiras, temáticas principais nas seccións non competitivas da 14ª MICE

07-03-2019

Mulleres e fronteiras

A MICE leva anos dedicando unha parte da programación ao cinema etnográfico feito por mulleres. Este ano, esa sección gaña protagonismo e toma o nome Impropias, continuando coa vontade de visibilizar as miradas das realizadoras. As docentes e investigadoras Margarita Ledo Andión e Marta Pérez Pereiro coordinaron unha selección de filmes que abordará a temática das fronteiras físicas e simbólicas dende un enfoque de xénero, pois, como indican, “as mulleres seguen sendo un colectivo en risco de exclusión, dobremente marxinado cando se fala de migracións e exilio”.

Nesta sección inclúense películas de realizadoras que, de forma non casual, están lindando nas marxes da industria audiovisual, máis preto dos circuítos da vídeo-creación e a arte. Impropias estreará en Galicia películas como Performing The Border, de Ursula Biemann, un ensaio visual que nos achega ao espazo fronteirizo entre Estados Unidos e México, e que investiga a crecente feminización da economía global e o seu impacto nas mulleres mexicanas. Tamén se poderá ver nesta sección Surname Viet Given Name Nam, da cineasta vietnamita Trinh T. Minh-Ha. Este documental traballa coas fronteiras culturais desenvolvendo preguntas sobre a identidade e a memoria cultural a través das vidas e das historias de mulleres de Vietnam e Estados Unidos. Completa Impropias unha terceira sección, que escenifica os límites físicos, políticos e económicos entre Europa, África e Asia. Estará formada por Europlex de Ursula Biemann e Angela Sanders, Mapping Journey #1, #2 e #3 da artista Bouchra Khalili, Tout le monde aime le bord de la mer, da cineasta galega Keira Espiñeira, e Hyohakusha (camiñante sen rumbo), de Xisela Franco e Anxela Caramés.

Etnomusicoloxía dende a tradición ao pop

O Cineclube de Compostela colabora por terceiro ano consecutivo coa MICE na sección Trazas. Se na edición anterior esta sección presentaba unha escolma de filmes na que se relacionaban as diferentes estratexias ficcionais co cinema etnográfico, este ano mantense esa variedade de enfoques para abordar a etnomusicoloxía. Os filmes que compoñen Trazas van así dende un enfoque clásico, preocupado polo rexistro de tradicións en vías de desaparición, aos xeitos nos que a música popular se integra na nosa vida cotiá, levándonos de paso da Coruña a Cuba, ou de Mauritania ao Reino Unido.

A primeira sesión da sección recolle filmes da década dos 60 que mostran diferentes formas de folclore musical, e que apuntan á ameaza dunha modernidade que acabará suprimindo ou modificando eses rexistros: os cantos de traballo dos presos negros en Afro-American Work Songs in a Texas Prison, da directora americana Toshi Seeger; as baladas británicas que pervivían a principios do século XX en Carolina do Norte en The End of an Old Song, do musicólogo John Cohen, ou o retrato dos instrumentos empregados na música cubana en Y tenemos sabor, de Sara Gómez.

O segundo bloque de proxeccións ocúpase das transformacións que a modernidade, a industria e os cambios tecnolóxicos trouxeron á maneira na que nos relacionamos coa música. Atopamos comunidades que se constrúen arredor do baile en The Wigan Casino, de Tony Palmer; o rexistro do fenómeno fan en Heavy Metal Parking Lot, de Jeff Krulik e John Heyn; a convivencia de catro escenas musicais actuais no Sahel africano na peza I sing the Desert Electric, de Christopher Kirkley; e a experiencia musical máis íntima recollida en dúas pezas: por unha banda, dende o ámbito da familia, no retrato do mito da rumba catalá, Peret, que fai Vincent Moon en Petites Planètes_ volume 5_ Peret. Pola outra, na gravación do concerto debut da banda galega Telephones Rouges nun piso da Coruña, en rexistro[7]telephones rouges nun cuarto, de Rubén Domínguez.

A longametraxe Alentejo Alentejo, do director brasileiro Sérgio Trefaut, pon o peche final á sección Trazas. Este documental retrata a situación actual do cante coral alentexano ao falar das tensións entre a tradición e o mundo actual e de como se relaciona a música propia dun pobo cos cambios no seu modo de vida. O filme de Trefaut foi premiado no IndieLisboa ou o DocsBarcelona e terá a súa estrea en Galicia na MICE.

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade