Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

O Museo do Pobo Galego participa na conmemoración do centenario das Irmandades da Fala

14-03-2016

O presidente do Padroado, Justo Beramendi, abriu o acto resaltando a importancia da efeméride, xa que "a normalización imperfecta do galego nos usos públicos non existiría de non ser polo impulso das Irmandades da Fala".

 

Exposición polas cidades

Unha das principais homenaxes será a exposición Saúde e terra, irmá(n)s, realizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Museo do Pobo Galego e a Real Academia Galega. A mostra comezará na Coruña en maio e estará no Museo en xullo, para despois moverse polas cidades galegas e rematar o percurso por vilas coruñesas, con intención de facer chegar á cidadanía a mensaxe das Irmandades e o seu labor. Reivindicar as Irmandades da Fala como "innovadoras e modernas", en palabras da vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, quen explicou o título da mostra como unha "chiscadela para recueprarmos tamén o que fixeron moitas mulleres" como María Miramontes ou Elvira Vao. A música, xornais da época, sons e outros elementos reúnense nesta exposición multimedia distribuída en cubículos.

 

Simposio en novembro

O Museo do Pobo Galego coorganiza o simposio Repensando Galicia: as Irmandades da Fala (1916-1931), patrocinado pola Xunta de Galicia e coa colaboración de diferentes fundacións e institucións. As conferencias celebraranse entre o 17 e o 19 de novembro e versarán sobre os diferentes ámbitos nos que se enmarcaron as Irmandades como a lingua, a política, a economía, a literatura, a sociedade, as ciencias, as artes plásticas, a música, a cuestión de xénero, as relacións exteriores e outros temas. Non se trata só de estudar o pasado, senón de ver as súas influencias no presente e a posibilidade de aplicalo no futuro. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, recoñeceu a "liña de traballo positiva" das Irmandades e o logro de poñer en valor a lingua galega, "peza fundamental do noso ser como pobo".

Na presentación destas e outras actividades interviñeron o presidente do Padroado do MPG, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, o presidente da Real Academia Galega, o presidente do Consello da Cultura Galega e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
10:30 -14 hours // 16 - 19:30 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy