Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SOBRE O MUSEO

Servizos que ofrece o Museo

OS SOCIOS

 

Revista AdraO Museo do Pobo Galego ten nos seus socios un dos seus alicerces básicos, por ser os socios o xeito de participación da sociedade na vida do Museo e a vía para lograr que este sexa unha institución de tódolos galegos e galegas. A través da asemblea que se celebra anualmente na primeira quincena de maio, os socios elixen 10 representantes no Padroado, órgano soberano do Museo, por un período de catro anos. A súa vez destes 10 representantes dous son elixidos para representar os socios na Xunta Reitora, órgano executivo da entidade.


O Museo conta con tres clases de socios:


Socios ordinarios, que poden ser individuais ou institucionais. Esta condición adquírese a solicitude da persoa ou entidade interesada e, a máis dos dereitos que lle corresponden como tal (entrada de balde, recepción de información das actividades programadas, descontos na tenda e nas publicacións do Museo e dereito a participaren nas actividades organizadas para os socios), colabora na consecución dos fins do Museo a través da cota de socio que se pode aboar de maneira mensual, trimestral, semestral ou anual, segundo os mínimos establecidos*. O pagamento da cota dá dereito a desgravación fiscal.


Socios Protectores. Son aquelas persoas físicas ou xurídicas que polo seu especial apoio ao Museo son designadas como tal polo Padroado. A súa achega e a súa vinculación coa entidade fannos acredores a esta condición. Reciben un Diploma acreditativo, poden usar as instalacións do Museo para actividades de carácter cultural ou corporativo con prioridade sobre outras entidades e gozan dos correspondentes beneficios fiscais, entre outras vantaxes.


Socios Patrocinadores. Son aquelas persoas físicas ou xurídicas que pola relevancia do seu apoio ao Museo son designadas como tal polo Padroado. A súa achega económica ou en especie e a súa vinculación coa entidade fannos acredores a esta condición. Reciben, ao igual cós socios protectores, un Diploma acreditativo, poden usar as instalacións do Museo para actividades de carácter cultural ou corporativo con carácter prioritario, organizar unha visita anual de empresa e gozan dos correspondentes beneficios fiscais, entre outras vantaxes.


Tanto os socios protectores coma os patrocinadores son recoñecidos como tal no acceso do Museo, na web e en ADRA, a revista dos socios.


Para contactar cos representantes dos socios ou para manifestar suxestións, pode dirixirse á conta de correo socios@museodopobo.gal


Para darse de alta prema aquí.

Cota mínima anual
  • socio individual, 30 euros
  • socio xuvenil (menor de 16 anos) 11 euros
  • socio institucional, 150 euros
* o pagamento da cota dá dereito a desgravación fiscal

Dereitos dos Socios

  • Entrada gratuíta:
  • Recepción de información periódica e invitacións
  • Recepción de publicacións divulgativas
  • Préstamo domiciliario de biblioteca e videoteca
  • 40% de desconto nas publicacións científicas do Museo

Institucións

  • Préstamo de exposicións temporais
  • Préstamo de materiais para exposicións e actividades
  • Envío de publicacións e material didáctico a bibliotecas públicas
  • Organización de visitas dirixidas para colectivos
  • Asesoramento en materia de etnografía, museoloxía e exposicións.

PÁXINAS INFORMATIVAS

PÁXINAS INFORMATIVAS 10/2016. 17-10-2016

Páxinas Informativas - Outubro, 2016

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF -" 2655Kb


Páxinas informativas 7/2016. 30-07-2016

Achegamos a información desta segunda parte do verán.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF -" 2470Kb


descarga a aplicación "Acrobar Reader" para poder ver o documento

Comunicación

Para axilizar a comunicación entre os socios e a institución, economizar no uso de papel e custes de expedición, e simplificar o traballo administrativo, o Museo dispón dunha lista de distribución por correo electrónico. As persoas que dispoñan desta utilidade deberán solicitar a inclusión na lista enviando unha mensaxe á administración, info@museodopobo.gal



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade