Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SOBRE O MUSEO

Servizos que ofrece o Museo

PREMIOS


Premios outorgados ao Museo do Pobo Galego:


2014

  • Pedrón de Ouro, concedido pola Fundación Pedrón de Ouro no 50° aniversario da súa fundación, en mérito do compromiso do Museo do Pobo Galego co patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia. Este recoñecemento vincúlase co 25 aniversario do pasamento de Xaquín Lorenzo Fernández, membro sobranceiro e vicepresidente que foi do Pedrón de ouro e significado impulsor do MPG

2013

  • Trofeo Galeguidade 2013 á persoa xurídica, concedido polo 46° Capítulo General Ordinario da Enxebre Orde da Vieira, como mellor referente cultural dos Galegos de Galicia e dos Galegos da Diáspora.
  • Medalla de Honor da Real Academia Gallega de Bellas Artes, recoñecendo a loita que a nosa institución vén levando a cabo na investigación, conservación, divulgación e promoción da cultura galega en todos os ámbitos, concedendo unha especial importancia aos aspectos antropolóxicos do pobo galego.
  • Medalla de Ouro do Centro Galego de Barcelona.
  • Premio da Irmandade Moncho Valcarce pola Promoción da Terra, polo labor na exaltación e promoción da nosa identidade en todos os campos que nos identifican como pobo.

2012

  • Premio da Fundación Luis Tilve de Defensa dos Bens Comúns pola actividade desenvolvida na defensa do patrimonio cultural e artístico de Galicia.

2008

  • Premio Nacional da Cultura galega na modalidade de cultura popular e de base, valorando o labor de divulgación cultural que o Museo vén realizando desde hai trinta anos.

2007

  • Medalla de Ouro de Santiago de Compostela ao Mérito cultural, concedida por unanimidade da Corporación municipal compostelá.

2005

  • A Asociación cultural lucense María Castaña concedeu ao Museo o Premio da Cultura Tradicional María Castaña 2005, na súa modalidade de institucións.
  • O Museo recibiu a Medalla das Aulas no Camiño, organizadas pola Universidade da Coruña.
  • Homenaxe "Os bos e xenerosos" da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

2003

  • Premio Irmandade do Libro, da Federación de Libreiros de Galicia, na modalidade de institucións.

2001

  • Premio “La Voz del Año de la Cultura”, do Grupo Voz en Santiago de Compostela, a unha institución cultural coa que todos os galegos se identifican e recoñecen como pobo.

2000

  • Medalla de ouro da Asociación do Traxe Galego, en recoñecemento ao labor do Museo a prol do traxe tradicional e da importancia e continuidade da colaboración prestada aos proxectos e programas da Asociación.

1998

  • No III Certame de Vídeo do Mar Cidade de Viveiro, o documental A pesca do cerco, editado polo Museo en 1994, recibiu o premio na modalidade de documental didáctico.

1985

  • Premio ADELPHA en recoñecemento do traballo realizado en prol do estudio e difusión da cultura popular.

1984

  • Medalla de Ouro das Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela ao labor cultural.

1978

  • Premio da Crítica de Galicia, na versión de iniciativas culturais, á creación dun centro que recupere e potencie a voz e o acento da nosa cultura, aquilo que máis caracteriza e constitúe o noso estar no mundo, o noso xeito de existir.

Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade