Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SOBRE O MUSEO

Servizos que ofrece o Museo

INSTITUTO DE ESTUDOS DAS IDENTIDADES


Logo do INSTITUTO DE ESTUDOS DAS IDENTIDADESEn maio de 2005 o Padroado do Museo do Pobo Galego decidiu crear o Instituto de Estudos das Identidades® (IEI), como un departamento do propio Museo.

 

Entre os fins do IEI está o de establecer e desenvolver liñas de investigación e de intervención sociocultural nos diferentes ámbitos que lle son propios ao Museo, con especial atención ao estudo interdisciplinar da identidade galega e da súa interrelación ou comparación con outras identidades. Ao mesmo tempo, preténdese contribuír ao estudo e á formulación de posibles solucións para aqueles problemas que teñan especial relevancia para a sociedade galega, estimular a colaboración estable de novos investigadores e técnicos no marco do Museo, e promover a formación en xestión cultural.

 


En consecuencia con estes fins, o IEI organiza de forma periódica unha serie de foros de debate sobre temas de actualidade. No presente ano vaise celebrar un foro sobre un dos problemas que máis inciden nas expectativas de futuro da nosa sociedade: Natalidade e Vellez en Galicia: un pobo con pasado, un pobo con futuro? Natalidade e Vellez

 

O primeiro dos foros, baixo o título Territorio, Paisaxe e Identidade, coordinado por Xerardo Estévez, celebrouse en xaneiro de 2007, co patrocinio de Construccións Otero Pombo S.A. Foro Territorio

 

En novembro de 2007, esta vez baixo os auspicios do Parlamento de Galicia, realizouse o segundo foro, titulado Inmigración cidadanía e identidade, que foi coordinado por Mar Lorenzo Moledo e concluíu o 12 de decembro cunha sesión pública na sede do Museo. Foro de inmigración

 

O 6 de febreiro de 2009 clausurouse o terceiro foro, en torno a Turismo e Identidade, coordinado por Francisco Candela e Xosé Manuel González Reboredo e patrocinado pola Dirección Xeral de Turismo, Consellería de Innovación e Industria. Os materiais elaborados foron editados, igual ca os anteriores, en formato de publicación non venal. Turismo e Identidade

 

Outra liña de actuación do IEI é o proxecto Sons e Voces da Identidade, froito do cal é a creación do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Os documentos incorporados a este Arquivo pódense consultar na páxina www.apoi-mpg.org

 

 


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade