A mostra, organizada pola Federación Galiza Cultura, conmemora o centenario do nacemento da revista Nós.
Co gallo da dedicación a don Antonio Fraguas do Día das Letras Galegas 2019, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Museo do Pobo Galego organizan unha exposición conmemorativa sobre a biografía e a obra do polígrafo orixinal de Cotobade, que foi director e presidente do Museo do Pobo Galego.
Benvida ao Museo do Pobo Galego
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga
A 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 23 ao 29 de marzo de 2020, abre o prazo para a presentación de filmes que serán seleccionados para concursar na Sección Oficial da mostra. Dito prazo estará aberto dende hoxe, día 7 de novembro, ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2020 ás 23.59h, a través das webs Clickforfestivals e FestHome. Podedes consultar aquí as reglas de inscrición, premios e proceso de selección no documento anexo.
O programa escolar do Departamento de Didáctica e Acción Cultural (DEAC) do Museo do Pobo 2019/20 centrarase de outubro a decembro na figura de Antonio Fraguas, no final do ano en que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras a este persoeiro tan ligado ao museo. A partir de xaneiro de 2020 co gallo da dedicatoria do Día das Artes Galegas a Domingo de Andrade, as actividades centraranse no que foi o arquitecto da reforma barroca do edificio que acolle a este museo e, en especial, na escaleira helicoidal.
O xoves 12 de decembro ás 18:30 o Auditorio do Museo do Pobo Galego acolle a presentación do documental 'O latexo do tempo humano. Tres pezas, tres artesáns' realizado por Illa Bufarda. Este audiovisual nace a partir do estudo das pezas de madeira carbonizada atopadas no Castro de Castromaior (Lugo) realizado por María Martín Seijo, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela. No acto intervirán Manuel Vilar, director do MPG; María Martín Seijo (USC); Sabela Iglesias e Pilar Abades (Illa Bufarda); e os tres artesáns protagonistas, Lolo de Severiano (Manuel Castro), Tito Ledo e Lola Tourón.