Mostra auspiciada polo concello de Santiago de Compostela
Wellcome to the Museo do Pobo Galego
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime. Download
O próximo xoves, día 14 de xaneiro, ás 18:00 horas presentamos o libro Andrade en Bonaval, da autoría de Juan Feáns e coeditado polo Consorcio de Santiago e o Museo do Pobo Galego. Contaremos coa presenza do Presidente do Consorcio e Alcalde da cidade, don Xosé Sánchez Bugallo, e do presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, don Justo Beramendi, ademais do autor do libro.
Esta charla - concerto didáctico é froito dun traballo de investigación e discusión do cancioneiro popular galego que Branca Villares desenvolveu co seu alumnado de canto nas aulas. Este traballo centrouse en detectar aspectos que poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres e que, dalgún xeito, contribúen a perpetuala e normalizala, non censurando senón contextualizando e reformulando o seu uso. Parte do repertorio co que traballa Branca, sobre todo, recollas da montaña luguesa ou as realizadas por Mini e Mero como as de Florencio, o cego dos Vilares, que están despositadas no APOI - Museo do Pobo Galego (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade). Esta actividade ten como fin revisar e repensar os arquivos de tradición oral que se conservan nalgunhas institucións como a nosa, o Museo do Pobo Galego, dende a actualidade e, como non, dende unha perspectiva de xénero. Branca Villares é música e mestra de música tradicional en Lugo e diferentes lugares da provincia (Tradescola, Escolas Municipais de Rábade, Begonte, Outeiro, Escola OXeitO, e outras entidades culturais). Capitanea un proceso colectivo de reflexión, que xa vai polo seu cuarto ano de vida, no que promove a discusión entre as súas alumnas e alumnos nas máis de 15 escolas nas que traballa. Parte da súa investigación foi publicada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega este mesmo ano. Con Branca Villares e Pablo Pintor. Duración aproximada: 2 horas. Prezo: 3 euros (de balde para persoas socias do Museo) É obrigatorio reservar praza no email servizosdeac@museodopobo.gal a través do cal se farán as indicacións para facer o pagamento.
Abraham Cupeiro propon unha viaxe a través das músicas de Pangea, o seu último album. O coloquio será dunha hora aproximada no que o compositor, intérprete e recuperador de intrumentos antigos afondará nas raices do mundo a través de sons e historias. Un percorrido artístico e divulgativo pola única linguaxe universal: a música A conferencia será o vindeiro sábado, día 12 de decembro, ás 12:00. A entrada será de balde, pero o aforo estará limitado segundo a normativa. As inscricións poderán facerse no número: 628011611