Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



EXPOSICIÓNS

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo

expo3

O Eco das Amazonas [Retablo-Pavana para unha Muller Oculta]

31-01-2019 - 31-03-2019 (ampliada ata o 12-05-2019)

Desde hai anos no Museo do Pobo Galego, coincidindo coa data sinalada do 8 de marzo, véñense celebrando actividades dirixidas a avivar o debate, a reflexión, a conciencia e a memoria ao redor da perspectiva de xénero.

Esta mostra é froito da colaboración entre os concellos de Ourense e Celanova co Museo do Pobo Galego


PÁXINAS INFORMATIVAS


descarga a aplicación "Acrobar Reader" para poder ver o documento

Audioguía

Audioguía

Benvida ao Museo do Pobo Galego




Biblioteca online

Biblioteca online

Foto Biblioteca On-line Acceso a Biblioteca online



DEAC (Educación e Acción Cultural)

DEAC

Foto del DEAC Máis información en: DEAC



ARQUIVO GRÁFICO

ARQUIVO GRÁFICO

Foto Arquivo Gráfico Máis información en: ARQUIVO GRÁFICO



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal




visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga





DESTACADAS

Actividades do Museo

Xornada Internacional de Museoloxía. Usos do pasado: memoria, patrimonio, museoloxía e construción da democracia.. 07-05-2019

A xornada internacional que leva por título “Usos do pasado: memoria, patrimonio, museoloxía e construción da democracia”, terá lugar o vindeiro 7 de maio, mes no que se celebran o Día Internacional dos Museos e o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Antonio Fraguas quen foi fundador, director e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. Encontro co-organizado polo Museo do Pobo Galego, Universidade Nova de Lisboa - Instituto de História Contemporânea, o Departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e o Incipit-CSIC, traerá a Santiago de Compostela numerosos representantes da Museoloxía Social de Portugal e de Galicia.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 1353Kb


A voltas co Baile: O Baile tradicional, un patrimonio do século XXI?. 27-04-2019

"A voltas co baile" é unha xornada arredor dos cambios, influencias e devires do noso baile que o DEAC organiza desde 2012. Nesta ocasión centrarémonos na publicación no D.O.G. da resolución da D.X. de Patrimonio Cultural pola que se incoa o expediente para declarar o baile tradicional galego como ben de interese cultural do patrimonio cultural inmaterial. Este recoñecemento previo é necesario para levar adiante a iniciativa impulsada desde 2013 polo colectivo XOC, plataforma formada polas asociacións Xacarandaina (A Coruña), O Fiadeiro (Vigo) e Cantigas e Agarimos (Santiago) de que baile e danza tradicionais galegos sexan declarados Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade por parte da Unesco. O texto da resolución avivou o debate ao redor de cuestións relacionadas coa tranmisión na actualidade de aspectos ligados á tradición que no caso do baile, vai das consideracións técnicas ás medidas de divulgación e a representación escénica, pasando polo cuestionamento dos roles de xénero. O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego convida nesta edición de A Voltas co Baile a diferentes profesionais relacionados co baile e co patrimonio para afondar sobre estas cuestións.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 1534Kb

O museo acolle

ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS. 07-04-2019

A Asociación de Gaiteiros Galegos celebrará asemblea no auditorio do Museo domingo 7 de abril.


FUNDACIÓN PEDRÓN DE OURO. 05-04-2019

O Padroado da Fundación do Pedrón de Ouro reunirase nas dependencias do Museo o día 5 de abril.


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade