Benvida ao Museo do Pobo Galego
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga
O baile transmitiuse de xeración en xeración como ferramenta de socialización e festexo. No século XX foron xurdindo outros usos ligados, por exemplo, á representación escénica e na actualidade o baile tradicional tamén é usado en novos contextos demandados pola sociedade do século XXI. Dalgúns deste novos usos falaremos na décima edición das xornadas "A voltas co Baile".
Sen esmorgas, folións nin comparsas o #Entroido deste ano vai ser moi diferente. Co desexo de que escampe, no Museo do Pobo Galego recollemos o carácter catártico desta festa e, mentres nos coidamos, imos celebrar unha nova edición de Máscaras Tradicionais de Entroido. Este ano entroidamos en dixital nun percorrido que irá de Podence (Trás-Os-Montes, Portugal) a Toén (Ourense) pasando por Riofrío de Aliste (Zamora), compartindo o espírito resistente e creativo de Caretos, Labardeiros e Carochos. Será os días 11, 12 e 16 de febreiro ás 19.00 na nosa canle de YouTube: ◾ DÍA 11 – Caretos de Podence coa Associação Grupo de Caretos de Podence. ◾ DÍA 12 – Carochos de Riofrio de Aliste coa Asociación cultural Amanecer de Aliste e o Museo dos Carochos. ◾ DÍA 16 (martes de Entroido) – Labardeiros de Mugares coa Asociación de Mulleres Rurais Amencer de Toén. Proximamente daremos instruccións para acceder a estas xornadas.
O vindeiro xoves, 4 de marzo, ás 17:30, terá lugar a presentación do libro "Espazos de Rosalía en Compostela. Un paseo por Santiago con Rosalía de Castro". Debido ás limitacións de aforo a asistencia deberá ser previa inscripción no correo electrónico comunicacion@ogalo.gal, antes das 18:00 do mércores 3 de marzo. Este roteiro consta de 22 puntos relacionados coa vida e a obra da poeta, desde o lugar onde se ubicaba a casa onde naceu, no antigo concello de Conxo, até onde foi bautizada, as casas onde naceron os diferentes fillos, onde vivía cando publicou Cantares Gallegos, etc... No acto participarán: Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago María Antonia Pérez, presidenta da A.C. O Galo Mercedes Espiño, autora do texto É obrigatoria a asistencia con máscara e cumprir as normas de seguridade contra a Covid-19.