Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SOBRE O MUSEO

Sobre o museo

FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS


A existencia dunha institución que recollese e estudiase a cultura material e espiritual de Galicia e se convertese nun punto de referencia no que os galegos se recoñecesen e identificasen como pobo, foi unha arela de todos cantos desde primeiros de século fixeron de Galicia o eixo do seu traballo intelectual, sobranceiramente da xeración Nós e dos creadores do Seminario de Estudos Galegos. Este foi o fundamento da creación no ano 1976 do Museo do Pobo Galego por un conxunto de entidades e persoas de diferentes posicións ideolóxicas ás que unía o seu compromiso con Galicia. Co paso do tempo novas institucións e persoas xuntáronse a este proxecto, facendo do MPG a institución que non só representa senón que simboliza a idea dun museo nacional galego.

 

O nacemento e desenvolvemento do Museo do Pobo Galego enfíase na laboría de homes que coma D. Ramón Otero Pedrayo, D. Xaquín Lorenzo Fernández, D. Xosé Filgueira Valverde, D. Xesús Taboada Chivite, D. Ramón Martínez López, D. Antonio Rodríguez Fraiz, D. Ramón Piñeiro López ou D. Antonio Fraguas Fraguas, dedicaron a súa vida ó estudio e defensa de Galicia.

 

A figura de D. Antonio Fraguas Fraguas, o seu legado intelectual e moral, destinado e orientado ó coñecemento, difusión e desenvolvemento dos trazos e contidos da cultura galega, xustifica e ampara a creación dunha entidade cultural que proxecte, conserve e dinamice o patrimonio que D. Antonio Fraguas e toda a xeración por el representada, crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia.

 

O dereito de fundación, contemplado na lexislación do estado español e na propia de Galicia, permite o seu exercicio coa finalidade única, neste caso, de dotar de canle e vertebración adecuadas o amplo e complexo legado que, por vontade expresa de D. Antonio Fraguas, debe servir para incrementar a investigación, a divulgación e a conservación dos lugares da memoria que configuran a historia e a antropoloxía de Galicia. Por desexo igualmente expreso do titular, a Fundación ten como espacio e referencia singularizadas o Museo do Pobo Galego, legado el mesmo do labor de D. Antonio Fraguas e doutros ilustres patróns deste Museo e producto referencial por eles querido para representar, sintetizar e edificar imaxes, sentidos e significados da tradición cultural de Galicia.

 

Correo electrónico: fundacionfraguas@museodopobo.gal

 

DescargarUnidade Didáctica:

 


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade