O Museo do Pobo Galego inaugura este mércores 25 de novembro ás 17h da tarde unha pequena mostra sobre a obra miúda do artista Isaac Díaz Pardo, como homenaxe na conmemoración do seu centenario. Esta exposición, que se poderá ver ata o 3 de xaneiro de 2021 no andar do claustro, está organizada pola Oficina de Socios e Socias do Museo do Pobo Galego e comisariada por David Conde Lourido. Ao acto asistirá Justo Beramendi, presidente do Patronado do Museo do Pobo, e o seu director Manuel Vilar.
A mostra inclúe aportacións de Xosé Ramón Fandiño, Luís Martul Tobío, Esperanza Delgado Rosende, da familia Taboada Saavedra e da Biblioteca e Colección Museo do Pobo Galego. Entre elas poderánse ver dúas litografías orixinais, así como tamén debuxos e felicitacións de Nadal, folletos de cerámicas do Castro (anos 50) e carteis deseñados para Sargadelos (anos 2000) ou carteis de cego como a historia de “Paco Pixiñas” (1970) ou “O crime de Londres” e “Castelao”, contadas polo cego Zago.
Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920 – A Coruña, 2012) pasou a vida creando factorías culturais e espazos contra o baleiro. En 1963 concibiu con Luís Seoane o Laboratorio de Formas, ente teórico, viveiro de ideas, a través do cal crearon Ediciós do Castro, o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, e a recuperación da actividade e memoria de Sargadelos que coa color azul cobalto como elemento de identificación actuou de embaixadora de Galicia polo mundo. Díaz Pardo foi membro fundador do Museo do Pobo Galego, do que foi presidente do Padroado desde o ano 2000 ao 2010. En 2006 o Museo do Pobo Galego homenaxeouno impoñéndolle a súa insignia de ouro.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga