Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións

Percorrendo Galicia páxina a páxina: guías turísticas na colección do MPG

25-07-2020 - 04-10-2020

A Biblioteca do Museo do Pobo Galego garda un interesante e multidisciplinar fondo bibliográfico e documental, procedente na súa meirande parte de achegas tanto particulares coma institucionais.

Nesta ocasión imos coñecer Galicia a través dunha coidada escolma de guías turísticas (libros, folletos, carteis promocionais).

Partindo da Guía de Galicia de 1883 chegamos ata a primeira década do século XXI. Da man de Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Cunqueiro, Begoña Medina, Laredo Verdejo, Vítor Vaqueiro, Rosa Casado Nieto, e Federico Cocho entre moitos outros, facemos un percorrido por vilas e lugares de Galicia, achegándonos dende Ribadeo ata Tui, pasando por Chantada, Ribadavia ou Arzúa.

Guías, algunhas exhaustivas nos datos informativos, outras de esmerado deseño coa participación de artistas como C. Portela, C. Sobrino, Llorens ou de fotográfos como R. Caamaño dan cumprida visión do turismo en Galicia ao longo do pasado século.

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade