Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións

As pequenas cousas: De como os obxectos gardaron unha memoria perseguida

29-02-2020 - 19-04-2020

Esta exposición é unha mostra dalgúns dos milleiros de obxectos, documentos, cartas ou fotografías que recompilamos durante máis de dez años de investigación. Pequenas cousas que poden parecer insignificantes mais que supoñen a forma exacta na que a memoria puido materializarse. Unha memoria perseguida e silenciada polo franquismo, que tivo que buscar nas marxes da sociedade un recuncho onde poderen sobrevivir. Esta actividade está enmarcada dentro da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE).

Os espazos habitados por estes obxectos non só foron lugares de memoria, tamén foron espazos de resistencia cotiá e de esperanza. Nuns casos foron custodiados por mulleres que ocultaron nos lugares máis profundos dunha casa as lembranzas máis valiosas para conservar a memoria que se pretendía aniquilar. As engurras, as costuras ou os desgastes que conservan todos eles, son a mostra palpable de como os obxectos cobraron vida e de como se vencellaron emocionalmente a quen os custodiaron. Noutros casos atopamos obxectos que condensan este tipo de memoria dentro dos expedientes persoais de archivos da represión.

Esta exposición quere ser unha viaxe por esa materialidade, por esas lembranzas, por eses lugares. Propoñemos para iso un percorrido que transita por alcobas, salóns, petos ou carteiras, mais tamén por rexistros civís e arquivos penitenciarios ou militares que mantiveron ocultas pequenas mensaxes e obxectos que nos permiten dar a versión dos vencidos. Dunha casa pasamos a outra, dun arquivo saltamos a outro para rematarmos recalando nas exhumacións contemporáneas, aqueles lugares onde a carón dos restos de persoas tamén aparecen obxectos.

Cada un dos materiais que conforma esta exposición fala daquelas persoas ás que lle quitaron todo, aquelas persoas ás que intentaron destruír e facer desaparecer, mais que pese a todos eses intentos a súa lembranza logrou permanecer latente nestas pequenas cousas.

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade