Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

As pequenas cousas: De como os obxectos gardaron unha memoria perseguida

29-02-2020 - 19-04-2020 (ampliada ata o 20-09-2020)

Esta exposición é unha mostra dalgúns dos milleiros de obxectos, documentos, cartas ou fotografías que recompilamos durante máis de dez años de investigación. Pequenas cousas que poden parecer insignificantes mais que supoñen a forma exacta na que a memoria puido materializarse. Unha memoria perseguida e silenciada polo franquismo, que tivo que buscar nas marxes da sociedade un recuncho onde poderen sobrevivir.

Os espazos habitados por estes obxectos non só foron lugares de memoria, tamén foron espazos de resistencia cotiá e de esperanza. Nuns casos foron custodiados por mulleres que ocultaron nos lugares máis profundos dunha casa as lembranzas máis valiosas para conservar a memoria que se pretendía aniquilar. As engurras, as costuras ou os desgastes que conservan todos eles, son a mostra palpable de como os obxectos cobraron vida e de como se vencellaron emocionalmente a quen os custodiaron. Noutros casos atopamos obxectos que condensan este tipo de memoria dentro dos expedientes persoais de archivos da represión.

Esta exposición quere ser unha viaxe por esa materialidade, por esas lembranzas, por eses lugares. Propoñemos para iso un percorrido que transita por alcobas, salóns, petos ou carteiras, mais tamén por rexistros civís e arquivos penitenciarios ou militares que mantiveron ocultas pequenas mensaxes e obxectos que nos permiten dar a versión dos vencidos. Dunha casa pasamos a outra, dun arquivo saltamos a outro para rematarmos recalando nas exhumacións contemporáneas, aqueles lugares onde a carón dos restos de persoas tamén aparecen obxectos.

Cada un dos materiais que conforma esta exposición fala daquelas persoas ás que lle quitaron todo, aquelas persoas ás que intentaron destruír e facer desaparecer, mais que pese a todos eses intentos a súa lembranza logrou permanecer latente nestas pequenas cousas.

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy