Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia
A mostra Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, organizada e promovida pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, adiántase á conmemoración dos 100 anos de historia da revista Nós, publicación herdeira directa do espírito das Irmandades da Fala (1916) ou do boletín A Nosa Terra (1917), e cuxo primeiro número ve a luz o 30 de outubro de 1920. A exposición realiza un percorrido pola significación e a obra dos principais persoeiros do Grupo Nós: Vicente Risco (director literario), Castelao (director artístico), Ramón Otero Pedrayo ou Ánxel Casal (entre outros), así coma a súa conexión co Seminario de Estudos Galegos, iniciativa importante que marca o comezo dunha ciencia multidisciplinar en galego e sobre Galiza. Cómpre engadir, que o Grupo Nós será amplamente estudado por Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica o próximo día das Letras Galegas 2020, testemuña desta época e estudoso da obra dos principais artífices do grupo.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga