Esta exposición, promovida e organizada polo Consello da Cultura Galega, ten como fin divulgar o papel que tiveron os coros galegos no desenvolvemento da cultura galega do século XX.
Esta mostra, constrúe o seu relato narrativo a partir dos arquivos dos catro coros históricos de Galicia, cuxas formacións seguen activas na actualidade: Toxos e Froles (Ferrol, 1914), Cántigas da Terra (A Coruña, 1916), Coral De Ruada (Ourense, 1918) e Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela, 1921).
A mostra trata diferentes contidos que van dende os precedentes (o coro Aires de la Terra de Pontevedra), así como as actividades musicais e a labor de recuperación da música tradicional e cantigas populares, a vestimenta e a realización de escenografía propia e o deseño de arte (coa figura destacada de Camilo Díaz Valiño, entre outros), a labor filantrópica e benéfica, a proxección exterior ou o compromiso con Galicia e a súa identidade. A mostra tamén da a coñecer como os coros asumen as representacións teatrais e dramáticas e a preocupación pola conservación da lingua galega (por exemplo, a Cantigas e Agarimos débeselle a estrea de Os vellos non deben namorarse o 25 de xullo de 1961 na Praza da Quintana) e o papel de divulgación do baile e as coreografías dentro e fóra de Galicia, iniciando a tradición do folclorismo que logo explotaría o franquismo.
Este percorrido polos diferentes aspectos que conforman o riquísimo mundo do folclore galego móstrase a través de distintos paneis de imaxes, acompañados de vitrinas nas que se mostra documentación, publicacións, manuscritos, partituras e máis fotografías, ademais doutros obxectos como instrumentos, discos, vestimenta, esbozos de decorados e material audiovisual de apoio.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga