Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

Voando o pasado. Fotografía aérea e arqueolóxica de Galicia

18-01-2018 - 01-04-2018

A fotografía aérea aplicada á investigación do patrimonio arqueolóxico, ademais de ofrecer imaxes vistosas e mesmo espectaculares dos xacementos é, por riba de todo, unha ferramenta de traballo que detecta as anomalías na superficie da terra derivadas da presenza do home. Son as trazas ou indicios –de microrrelevos, de crecemento diferencial da vexetación, de humidade…- que correctamente descifradas, como se dun código secreto se tratase, fan visibles elementos ocultos do solo ou do subsolo, axudando así a identificar, estudar e protexer os diferentes bens que conforman a memoria material do pasado.

A exposición, nucleada por imaxes aéreas oblicuas a baixa altura obtidas polo fotógrafo Gerardo Gil, por encargo da Sección de Arqueoloxía do Instituto “Padre Sarmiento” de Estudos Galegos (IPSEG), a comezos da década dos noventa do século pasado, aparece ademais complementada por datos relativos aos precursores da imaxe aérea en Galicia, xa desde comezos do século XX -a chegada dos globos aerostáticos e dos primeiros aeroplanos ao ceo galego-. A experiencia do IPSEG, que foi pioneira en Galicia, non tivo, non obstante nin a continuidade nin o recoñecemento que debera ter merecido, pese a ser hoxe xa unha parte máis da historia da arqueoloxía galega en canto experiencia metodolóxica singular.

Estruturada en oito grupos temáticos, o núcleo da exposición aborda desde aqueles xacementos que se corresponden coa paisaxe monumental castrexa ata os relacionados co encastelamento medieval, para logo ofrecer algunhas visións en positivo e en negativo dalgúns xacementos, conxugando ademais a imaxe oblicua baixa da década dos noventa con imaxes aéreas verticais máis antigas e de tipo fotogramétrico. Finalmente, remata cos traballos de fotointerpretación levados a cabo na Cidade de San Cibrao de Las durante os anos 1991 e 1992, tendo en conta que a interpretación debe ser o obxectivo final da arqueoloxía aérea.

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
10:30 -14 hours // 16 - 19:30 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy