Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

Unha punta de Europa: Victoriano García Martí

19-04-2017 - 02-07-2017 (ampliada ata o 16-07-2017)

Nacido na Pobra do Caramiñal en 1881, Victoriano García Martí foi un intelectual e erudito cuxa traxectoria deu conta, sobre todo, do seu compromiso vital cunha Galiza que, no espiritual e estético vinculou sempre a Portugal, na procura de reivindicar identitariamente a que chamaría “a esquina atlántica” no marco da España e Europa do seu tempo.

Formado inicialmente entre Compostela e Madrid ampliou estudios en París e Bruxelas, onde tivo a oportunidade de asistir aos cursos do filósofo Henri Bergson e dos sociólogos Emile Durkheim e René Worms. Foi, sobre todo, o Ateneo de Madrid, o espazo ao que dedicou os seus maiores esforzos e enerxías, desde o cargo de Secretario (baixo as presidencias de Unamuno e de Valle-Inclán, entre outros.

García Martí desenvolveu tamén un importante labor como axente cultural da Galiza en Madrid, onde tivo forte presenza no Centro Gallego. Formou parte da rede de escritores, artistas e políticos galegos na capital do Estado, e desde alí exerceu como historiador, ensaísta e crítico literario, sobre todo, na difusión e posta en valor da produción literaria de autores galegos. Por outra parte, en escritos como Impresiones de Galicia (1922), Una punta de Europa (1927), ou De la zona atlántica (Galicia y Portugal) (1934) focou os problemas que consideraba de mais urxente resolución para o país, instando á responsabilidade dos intelectuais na reculturización da Galiza. E subliñou, dacordo co ideario intuicionista de inicios do século XX, os trazos espirituais partillados por ambas as comunidades das dúas marxes do Miño.

A pesar da distancia, sempre foi parte activa da vida social e política galega. Neste sentido, os nomes de Castelao, Blanco Amor, Cabanillas, Villar Ponte, Gamallo Fierros ou Ramón Otero Pedrayo, presentes no seu epistolario, testemuñan unha relación de amizade e mutua admiración, así como o común interese por desenvolver proxectos e actividades culturais vinculadas á súa terra. Antes da guerra, de feito, temos constancia da presenza de García Martí nas homenaxes a Lamas Carvajal ou a Curros Enríquez (1913), no Banquete de Barxa (1930), ou entre os asinantes do manifesto de Barrantes (1930).

Da súa amizade con Valle Inclán dan conta fotografías, cartas, dedicatorias, un prólogo –escrito para De la felicidad (1924)-, e as múltiples memorias espalladas nos escritos de García Martí. No político e cultural, ambos compartiron a creación da Sociedad de Amigos de la Cultura, en Mondariz (1923, e os dous formaron parte da lista electoral do Partido Radical Lerrouxista pola circunscripción da Coruña (1931).

Fronte a febril actividade literaria, cultural e política anterior a 1936, os anos 40 deron lugar a un proceso de marxinalización social e institucional, García Martí foi encarcerado no Penal de Burgos durante a Guerra Civil pola súa defensa da II República.  Reincorporado ao seu posto de funcionario ministerial, mantivo unha necesaria autocensura discursiva e un progresivo isolamento social reconducindo os seus traballos cara o ensaio sociolóxico e filosófico.

En 1944 publicou as Obras Completas de Rosalía de Castro na Editorial Aguilar, proxecto que deu impulso á recuperación do corpus rosaliano. Aínda que foi Rosalía quen ocupou a maior parte do seu tempo e labor como investigador biográfico e crítico literario, outras mulleres que destacaron tanto no mundo profesional como cultural: Pardo Bazán, Concepción Arenal, Sofía Casanova, Ofelia Nieto, Lilí Álvarez... foron tamén obxecto dos seus traballos.

O seu retiro definitivo á Galiza produciuse na década de 50, momento en que, retornado á Pobra do Caramiñal, retomou o labor de escritor de crónicas e artigos de contido cultural, que publicaba nalgúns xornais madrileños, pero sobre todo no compostelano La Noche. Mais a pesar do recoñecemento tardío, que xa no fin da súa vida lle foi tributado pola Universidade de Santiago ou pola Real Academia Galega, García Martí non deixou pasar a oportunidade de expresar o seu lamento polo feito de que a pesar de ter construido a súa traxectoria desde e para a Galiza, o seu labor e a súa figura quedaran ás marxes da historiografía e cultura galegas.

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy