"O corazón do barro"
40 aniversario da creación do Museo do Pobo Galego
No verán de 1976 celebrábase no Círculo Mercantil e Industrial de Santiago de Compostela, no Pazo de Bendaña da praza do Toural, hoxe sede da Fundación Granell a exposición do I Concurso Rexional de Oleiros. Unha cita patrocinada por Luciano García Alén e María García Ayaso, que sería o embrión da primeira sala do recén creado Museo do Pobo Galego, que abriu as súas portas o 29 de outubro do ano seguinte.
A Fundación Eugenio Granell acolle unha exposición dos fondos de cerámica do Museo do Pobo Galego, para sumarse á conmemoración do 40 aniversario da súa creación.
A mostra reúne pezas seleccionadas nos fondos do MPG, que dan conta da presenza e desenvolvemento da cerámica en Galicia ao longo da historia, desde reproducións das primeiras pezas achadas en mámoas e castros, pasando polas ánforas romanas, ata a produción dos obradoiros máis representativos da tradición oleira e algunhas pezas singulares de Sargadelos, que exemplifican o que é, ata agora, o elo máis sobranceiro da industria contemporánea da cerámica.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga