Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións

Entre amigos

09-05-2015 - 14-06-2015 (ampliada ata o 21-06-2015)

Jaime Arcay Fernández preséntanos a serie Arte Cuneteira (Ditch art), reflectindo as manifestacións artísticas espontáneas, teñan maior ou menor fortuna. María Jesús Fariña Busto, coa serie Xeometrías en ferro, trasládanos aos efectos que tivo a Revolución Industrial na burguesía. Lacenas, o aspecto máis doméstico da apicultura, é a proposta de Suso García Devesa, que se aproxima ao mundo da produción do mel. Testemuño da vida nas pequenas aldeas e de outros tempos é Atardecer na aldea: patrimonialización dos vellos, de Rosa García-Orellán. Clodio González-Pérez amosa, con Os hórreos de Piornedo, o valioso patrimonio dos hórreos da Serra dos Ancares. O mundo das avoas, co seu xeito de vida san e a súa resistencia, vese en Avoas biosaudables, de José Francisco Méndez García. Outra volta da arquitectura tradicional está ben documentada na serie de José María Laredo Cordonié, Fachadas de cunchas. Os muíños e batáns, con toda a súa historia podemos admiralos nas fotografías de Xosé Mª Lema, O conxunto etnográfico dos batáns e muíños do Mosquetín na Terra de Soneira. O aproveitamento gandeiro nas serras é o tema principal de Cabalos ceibos, de Xoán Ramón Marín Martínez. Lousando o fume é a proposta de Xoán Xosé Molina Vázquez, que nos achega á plástica da decoración das chemineas de lousa luguesas. A simboloxía da propiedade dos inmobles na Compostela do Barroco é o fío condutor da serie Emblemas de propiedade na cidade de Compostela, de Fuco Sanjiao Otero. O punto final da mostra está en A beleza do imperfecto, no que Mari Vega proponnos un exercicio arredor das vivencias dos seus protagonistas.

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade