Desde hai séculos e ata hai relativamente pouco moitos artistas percorrían, levando os seus espectáculos, as feiras e romarías, os camiños, as aldeas e as vilas de Galicia, ás veces de taberna en taberna. Familias de titiriteiros, acróbatas, cómicos, marionetistas,… transmitían os segredos da profesión e enchían de ilusión os rostros das xentes que buscaban contemplar as trasnadas dos heroes cómicos, o teatro de marionetas, números de acrobacia e demais espectáculos.
Un dos últimos representantes desta tradición foi Barriga Verde, boneco e marionetista ao mesmo tempo, que amenizou moitas feiras de San Froilán e a quen a Asociación “Morreu o Demo” pretende sacar do esquecemento mediante esta mostra.
As feiras e romarías eran o espazo de intercambio económico máis importante na sociedade tradicional, espazos nos que gañaban a vida xentes chegadas de lonxe ofertando as súas artes e milagres. Así tamén nace o “heroe galego” a comezos do século XX, herdeiro do Pulcinella napolitano e a súa estirpe e popularizado en Galicia a través da familia Silvent, co seu “Barriga Verde”. Cun saco de bonecos ao lombo e unha saba pendurada en calquera lado para facer de escenario, percorreron case todos os recunchos de Galicia.
A mostra conta cunha serie de actividades paralelas, como a proxección do documental “Morreu o demo, acabouse a peseta”, obradoiros de monicreques para familias ou visitas teatralizadas para escolares de infantil (os xoves de novembro e decembro, con reserva previa).
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime. Download