Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións

Elas sempre están

11-09-2014 - 26-10-2014

Elisa Gianni é unha fotógrafa italiana (Prato, Toscana, 1973) que pasou uns dez anos en Galicia. Durante a súa estadía deseguido se decatou da enorme importancia das mulleres do rural, como pezas fundamentais do motor das economías, coma a galega, e depositarias dun coñecemento profundo sobre a sociedade, así coma transmisoras deses coñecementos e impulsoras, en moitos casos, do traballo xuvenil no agro coma continuación do seu labor.

 

Desta experiencia naceron estas 15 fotografías de mulleres, en paisaxes diversas e situacións da vida cotiá. Son fotografías sen artificio, totalmente espontáneas, que amosan o duro traballo que contribúe ao sustento cotiá. Mans de mulleres traballadoras, continuadoras de labores e costumes tradicionalmente asociados ao universo feminino, pero tamén abertas e cunha enorme facilidade de adaptación aos novos tempos, asumindo roles considerados antano como masculinos, sen medo e sen complexos.

 

Esta mostra, impulsada na súa primeira exhibición pola Secretaría Xeral da Igualdade, chega agora ao Museo do Pobo Galego en xeito de doazón, da propia Elisa Gianni, para enriquecer os fondos desta institución, e tamén como documentación gráfica da personalidade destas mulleres traballadoras, loitadoras e símbolo da importancia da dimensión feminina do rural galego.

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade