Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións

Un Canto e Unha Luz na Noite

18-04-2012 - 13-05-2012 (ampliada ata o 17-05-2012)

A exposición itinerante “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), ideada e organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Fundación 10 de marzo, será inaugurada o mércores 18 de abril ás 19´30 horas no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. A mostra, comisariada por Ricardo Gurriarán, rescata e destaca en vinte paneis explicativos o papel dinamizador e transformador dos axentes e das asociacións culturais en Galicia nos últimos quince anos da ditadura franquista. Arranca en 1961, ano de creación en Compostela da primeira asociación cultural galega “O Galo”.


Na presentación do libro-catálogo o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, salienta que a mostra “foi ideada para recoller, recoñecer e difundir o traballo das xentes e os colectivos pioneiros do asociacionismo cultural, rescatando ese seu legado da brétema do tempo, activando a memoria e incorporando eses activos a este tempo noso”. E engade: “Para cumprir ese obxectivo terá a mostra carácter itinerante pola Galicia que as entidades asociativas propulsoras da cultura converteron en argumento para o estudo e o coñecemento e en argumento para a reflexión e a transformación da sociedade”.

O comisario da exposición, Ricardo Gurriarán, chama a atención o xeito de traballo das asociacións culturais daquel tempo, que resume nunha metodoloxía integradora e na súa penetración no tecido social. Subliña tamén o feito de que “co seu quefacer tenaz e unha metodoloxía de prudencia moi acaída, malia os numerosos atrancos que impoñía a ditadura, aquelas asociacións culturais dos anos sesenta e setenta e os seus axentes deron os primeiros pasos na construcción dunha cultura nacional ao servizo dunha cidadanía de país, en constante pulso coas instancias do Réxime”.


Gurriarán lembra que a mostra baséase nunha importante recolleita de material, máis de vinte mil documentos escaneados -depositados agora no Consello da Cultura Galega a disposición dos investigadores- e en entrevistas con duas ducias de persoas relacionadas con aquela dinámica asociativa. Elaborouse asemade un libro-catálogo no que 19 autores analizan outras tantas facetas daquel legado asociativo orientado á defensa e á promoción da lingua e da cultura de Galicia. Figuran aí as contribucións de Antón Snatamarina, Henrique Harguindey, Camilo Nogueira, Xosé Luís Chao, Xosé Carlos Sierra, Lalo Gutiérrez, Manuel Lourenzo, Tino Caamaño, Alfonso Vázquez Monxardín, Antón Costa, Miguel Anxo Seixas, Manuel F. Rodríguez, Euloxio R. Ruibal, Elías Torres, Martinho Montero, Luíos Álvarez Pousa, Xesús Alonso Montero, Xosé María G. Palmeiro, Manolores Villanueva e  Manolo Caamaño.

Na presentación o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, salienta que a mostra “foi ideada para recoller, recoñecer e difundir o traballo das xentes e os colectivos pioneiros do asociacionismo cultural, rescatando ese seu legado da brétema do tempo, activando a memoria e incorporando eses activos a este tempo noso”. E engade: “Para cumprir ese obxectivo terá a mostra carácter itinerante pola Galicia que as entidades asociativas propulsoras da cultura converteron en argumento para o estudo e o coñecemento e en argumento para a reflexión e a transformación da sociedade”.


A exposición, conformada por 20 paneis explicativos, detalla e ilustra o contexto sociopolítico e cultural, os antecedentes do asociacionismo, o xurdimento asociativo, a organización do traballo, as relacións co exterior e o exilio, o asociacionismo como primeira fase da normalización cultural, “O Galo” (Compostela, 1961), “O Facho” (A Coruña, 1963), a Asociación Cultural de Vigo (1965), o asociacionismo en Pontevedra, Ourense e Lugo, a eclosión asociativa no exterior (1967-1968), a vida asociativa, a lingua, o teatro, o libro, a liturxia, a música, a cinematografía e a plástica, os medios de comunicación e a política. Un accionar polìtico que, pouco despois, se orientaría prioritariamente á dialéctica da conquista da autonomía e a recuperación das liberdades e os dereitos democráticos, nalgunha medida debedores deses e doutros esforzos e contributos anteriores.

 

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade