Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in::

Exhibitions

O traxe muradán

19-04-2012 - 03-06-2012 (ampliada ata o 10-06-2012)

O labor de recollida de campo e estudo sobre a indumentaria da vila de Muros, realizado polo Grupo Etnográfico das Mariñas, achégase ao público a través desta mostra que intenta amosar todo o esplendor do traxe tradicional dunha área que, a través da literatura, chegou a se converter en paradigma do traxe galego.

 

Talvez sexa polo seu illamento xeográfico que a vila de Muros gardou e conservou durante séculos as súas tradicións e costumes, entre elas, o seu afamado traxe. O primeiro impacto é de asombro pola súa beleza, elegancia e, sobre todo, pola súa sinxeleza, pero non podemos esquecer que está integrado nun contexto sociocultural no que cobra pleno sentido: unha economía complexa de autosuficiencia, da pesca e fabricación da sardiña, enriquecida co foráneo que chegaba polo mar, e que recorría a traballos recíprocos, colectivos e de balde, cunha forte carga lúdica e de sociabilidade.

 

Este contexto é unha clave fundamental para entender esta indumentaria e relacionarnos co seu ambiente: moitas veces a mesma rapaza muradá que cultivou o liño, que fiou a la das súas ovellas era muller dun lobo de mar, vendía peixe, arranxaba a casa e bordaba tanto o enxoval coma os panos ou garabatas que logo poría nos días das festas locais de San Pedro, Corpus, Reis ou o Carme. Neste contorno o traxe evolucionou día a día, e desenvolveu as características que o individualizan, e é por esta razón que é entendido como un espello dun modo de vida tradicional. particularmente da identidade da Vila de Muros e, en xeral, da vida galega.

 

A mostra é froito dun traballo de recollida de campo in situ, e está integrada por pezas e recreacións fidedignas de traxes de loito, de levar a cote, de festa e cerimonia, xunto con fotografías familiares cedidas polas casas, que datan entre mediados do século XIX a máis antiga ata os anos vinte do século pasado, onde podemos ver e apreciar o traxe en todo o seu esplendor. Todo un extenso e rigoroso labor que está recollido no libro O Traxe Muradán.

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy