Estes novos fondos de indumentaria supoñen unha valiosa achega para a nosa colección. Nos últimos cinco anos o incremento de pezas de vestir que ingresaron no Museo foi moi significativo, pois supera os 200 rexistros entre roupa, complementos e xoias. Moitas delas xa se incorporaron ás salas permanentes; o resto custódianse nas salas de reserva, das que mostramos aquí unha significativa selección.
O MPG quere agradecer con esta exposición a colaboración de todas aquelas persoas que coas súas achegas contribuíron ao enriquecemento da colección de indumentaria, xa que supón unha proba máis de como unha boa parte da sociedade galega segue a percibir o MPG como unha institución senlleira na recuperación, conservación, divulgación e posta en valor do noso patrimonio cultural.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga