Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións

Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos

15-02-2011 - 13-03-2011 (ampliada ata o 20-03-2011)

 

 

Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos
IV Centenario do Vicerreinado de Nápoles
 

Esta exposición, organizada polas Deputacións de A Coruña e Lugo e que se exhibe no Museo do Pobo Galego até o día 13 de marzo, permite apreciar a vida, os usos e costumes na Corte española, en Galicia e en Nápoles no séculos XVI e XVII.

 

Don Pedro Fernández de Castro foi un home do seu tempo, desde moi novo acostumado a relacionarse cos personaxes máis poderosos da época. Foi un grande amante das artes e das ciencias, así coma un traballador infatigable e un innovador.
 
Foi vicerrei de Nápoles entre 1610 e 1616, onde loitou para eliminar as desigualdades sociais existentes, centrándose na axuda aos necesitados e promovendo as artes e as letras. O seu papel na escena política española merece atención: durante a súa etapa coma Presidente do Consello de Indias preocupouse por mellorar ás xentes baixo a súa xurisdición, fomentando o comercio e o progreso. Loitou por lograr o voto en Cortes para Galicia, representada por Zamora, e no seu territorio de Monforte preocupouse ata a súa morte por mellorar os oficios existentes, poñendo en marcha iniciativas que aínda hoxe nos deixan sorprendidos.

 

Foi, tamén, un gran mecenas que protexeu a escritores e artistas españois e italianos, entre os que destacan Miguel de Cervantes ou Luís de Góngora.

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade