En Serra Leoa, Guerra e Paz o misioneiro Chema Caballero e o fotoperiodista Gervasio Sánchez, un dos fotógrafos máis recoñecidos polo seu compromiso coa causa dos dereitos humanos, amósannos a través de valiosos testemuños gráficos e orais o retrato das vítimas do drama, os seus esforzos por rehabilitárense e as esperanzas suscitadas polo proceso de paz. É unha aproximación sensible e respectuosa á guerra nun dos países máis pobres do mundo e ao proxecto de rehabilitación de nenos e nenas soldados máis coherente a nivel mundial.
A guerra civil en Serra Leoa remóntase ao ano 1991. O 6 de xaneiro de 1999 a guerrilla iniciou o asalto a Freetown, ocupando case todo o casco urbano da capital. A batalla durou dúas semanas e sementou de cadáveres as rúas da cidade. Entre os rebeldes había miles de nenos e adolescentes secuestrados das súas aldeas e convertidos en combatentes nun ambiente de drogas, violencia e castigos.
Desde mediados de 1999 moitos abandonaron as armas e comezaron a desintoxicación da violencia en programas de rehabilitación, ocupando o tempo en clases, talleres e deportes. Entre estes programas destacou o dirixido por Chema Caballero.
O 12 de xaneiro de 2002 decretouse a fin do proceso de desarme e da guerra. A paz chegaba logo de once anos de barbarie e destrución, e comezaba a reconstrución nun país onde a Idade da Pedra convive co século XXI.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga