O obxectivo desta exposición é presentar o legado de “
A concesión a Nicolás Appert en 1810 do premio de 12.000 francos convocado por Napoleón Bonaparte para quen descubrise un método de conservar os alimentos para subministración do seu exército marca o inicio da industria das conservas no mundo. Os recipientes de vidro usados inicialmente non tardaron en ser substituídos por botes de folla de lata. Así, o produto conservado deixaba de ser visible e comezaba a necesidade de decorar os envases.
A fabricación de conservas herméticas de peixe en Galicia se remonta a 1841. Porén, non foi ata a década de 1880 cando comezou a converterse nun verdadeiro sector industrial. A partir de 1900 Galicia confírmase como líder do sector en España e sitúase no grupo de cabeza dos países produtores no ámbito internacional.
A litografía era o procedemento empregado para trasladar a decoración, a marca e información aos envases de folla de lata. Este proceso levábase a cabo nas empresas metalgráficas, que ademais da impresión litográfica dedicábanse á fabricación dos envases. En Galicia as metalgráficas nacen estimuladas polo desenvolvemento da industria conserveira de peixe, sector co que manteñen unha relación moi estreita. Pero tamén atendían a demanda doutras industrias agroalimentarias peninsulares dedicadas ao envasado de aceites, verduras, froitas, etc., así como da industria farmacéutica e de perfumería.
A exposición comeza cunha breve introdución sobre a industria conserveira e metalgráfica en Galicia, facendo especial mención a
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga