A finais do século XIX D. Ricardo Blanco Cicerón (1844-1926) atesourou unha das máis importantes coleccións privadas de Galicia, que reunía todo tipo de obxectos arqueolóxicos e artísticos das máis variadas épocas, materiais e estilos. Á súa colección sumábase unha biblioteca e un arquivo documental sobre temática carlista.
O seu interese coleccionista levouno a gardar un significativo conxunto de fotografías que hoxe custodia o Museo do Pobo Galego. A variada temática das fotografías engloba dende paisaxes, monumentos e pezas artísticas, ata acontecementos destacados de Galicia e foráneos, constituíndo un número importante as procedentes da Exposición Regional Gallega de 1909, da que D. Ricardo Blanco Cicerón foi vicepresidente da Sección Arqueolóxica, tomando parte activa na organización do evento.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga