Esta exposición forma parte dunha serie de mostras documentais a través das cales preténdese dar a coñecer os fondos que a Biblioteca do Museo alberga.
Os programas das festas do Apóstolo Santiago que aquí presentamos proceden dos fondos propios do Museo e das coleccións de Antonio Fraguas, Manuel Beiras, Blanco Cicerón e Uxío de la Riva Pol depositadas na institución. Esta serie, composta por máis de cen exemplares, abrangue cronoloxicamente os séculos XIX a XXI (1869-2009), 140 anos que nos permiten ver a evolución da festa, as actividades e actos que a conforman, as diferentes correntes artísticas aplicadas ás artes gráficas, a utilización da fotogrfía, primeiro no interior e logo nas portadas, a importancia dos deseñadores e dos publicistas. Non faltan nestes caderniños as obras de grandes artistas: pintores como Maside, Díaz Valiño, Juan Luís, Villafínez, os gravados de Mayer ou as fotografías de Vilasó ou Tino Martínez, entre outros.
Programas que nos achegan á sociedade no seu aspecto lúdico pero que, ao tempo, son a imaxe dunha arte cada vez máis reivindicada, a arte gráfica, quizais a mellor definidora das distintas épocas e tendencias.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga