Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións e actividades

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo

EXPOSICIÓN PERMANENTE: Da imprenta. Dos impresores e encadernadores. Do libro e da prensa.

 

A invención da imprenta por Gutenberg en 1440 permitiu a difusión xeral da escritura, ata daquela refuxiada nos scriptoria dos mosteiros. Arredor de 1480 rexístrase a aparición da imprenta en Galicia. Monterrei, Ourense e Mondoñedo son as primeiras vilas nas que se evidencia a súa presenza.

A edición de libros en galego está vinculada ao Rexurdimento. O primeiro título é A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos, publicado en 1853 en Pontevedra. En 1863 aparece en Vigo Cantares gallegos de Rosalía de Castro, un fito transcendental na recuperación do galego como lingua literaria.

O primeiro xornal de Galicia, o Catón Compostelano, ve a luz en 1800. Pero o primeiro xornal en galego propiamente dito é O Tío Marcos da Portela, fundado por Valentín Lamas Carvajal en 1876.

O libro galego moderno nace no primeiro terzo do século XX. Os anos que van ata o comezo da guerra civil son moi fecundos tanto nos contidos como nas formas de libros e publicacións periódicas. Logo dun estiñamento durante a posguerra, na que a edición en galego se refuxia no exilio, a actividade editorial volve agromar cara a 1950. O restablecemento da democracia a partir de 1976 permite que as letras galegas incen de novo. Xa no século XXI, as novas tecnoloxías abren vieiros inéditos para a expresión da literatura, a ciencia e o pensamento.

  • Sala de prensa e imprenta
  • Sala de prensa e imprenta
  • Sala de prensa e imprenta
  • Sala de prensa e imprenta
  • Sala de prensa e imprenta
  • Sala de prensa e imprenta

Audioguia

Audioguía

Prensa e Imprenta



Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade