Abre a sala do campo un diorama que amosa idealmente a evolución da paisaxe en catro fases: o Neolítico, a época castrexa, a Idade Media e a actualidade, coas sucesivas fases de implantación no territorio, deforestación, consolidación dos asentamentos humanos e incipiente urbanización, co conseguinte impacto no medio.
Aparecen a continuación os sistemas de transporte –manual, ao lombo, con cabalería–, co carro como elemento central.
Seguen os apeiros de labranza correspondentes aos distintos labores: os utilizados para o cultivo dos cereais e a herba; os arados de madeira e de ferro; os aveños para o cultivo do millo; pezas e maquetas relativas á viticultura; variados tipos de legóns, aixadas e fouciños utilizados nas distintas zonas.
Exhíbense tamén as pesas e medidas tradicionais para áridos, líquidos, sólidos e de lonxitude e, finalmente, os elementos relacionados coa gandería e a explotación do monte.
O campo
De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
3 euros
Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados
Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga