Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións e actividades

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo

Actividades do Museo

A voltas co Baile: As Danzas. 03-07-2021

Xornadas en liña no 10 e 11 de Setembro. Nesta edición de A Voltas co Baile imos tratar sobre os contextos, a historia e as características de diferentes danzas, especialmente as coñecidas como danzas brancas, con presencia no noroeste da península, achegándonos tamén aos procesos experimentados ao longo do tempo. Participan Luis Costa, Antonio Martín Ramos e Miguel Sotelo. Xornadas con custes por materiais. Inscrición e máis información en servizosdeac@museodopobo.gal

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 273Kb


Actividades de verán para nenos e nenas. 23-06-2020

O Museo organiza, xunto coa Rede de Centros Socioculturais Santiago de Compostela, obradoiros para nenos e nenas de 6 a 12 anos. 📍 No 7 e 8 de xullo, ás 11h e ás 12h30, contruiremos as obras do Mestre Andrade co Sistema Lupo (Idades de 10 a 12). 📍 O 9 de xullo, ás 12h30, Barrococó, narración oral e música con Rilo&Penadique (idades de 6 a 8). Máis información e inscricións no teléfono do Centro Sociocultural As Fontiñas: 981 528750

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 230Kb


BARROCOCÓ. Visita para público familiar. 18-06-2020

Narración oral e música con Rilo&Penadique para achegarnos ao mestre Domingo de Andrade no ano no que lle dedican o Día das Artes Galegas. Para persoas adultas con crianzas a partir dos 4 anos. Xoves 18 ás 19 horas. Actividade en exterior. Aforo limitado para garantir as medidas de seguridade. Inscrición obrigatoria en servizosdeac@museodopobo.gal

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 99Kb


MICE PETIS EN LIÑA. 27-03-2020

"De Oriente a Occidente (na rede)" Curtas de animación seleccionadas por Marcos Nine Bua para nenas e nenos. O saber dos pobos, a súa idiosincrasia, a súa maneira de ser e entender o mundo transmítese de xeración en xeración en forma de historias. Ás veces de contos, de narracións breves, de pequenas ensinanzas agochadas en refráns e proverbios. Estas ensinanzas chegan a nós desde a infancia, a partires da narración oral, de texto e do cine. O cinema converteuse nunha importante ferramenta non só para a creación de obras senon para a transmisión de obras xa existentes contribuíndo así a transmisión de mitos e con eles da identidade dos pobos. A través da rede hoxe podemos acceder a filmes de multitude de países e culturas e con eles comprobar cales son as nosas singularidades pero igualmente identificar todo aquilo que nos une. Filmes (sinopses na lista de reproducción de YouTube): ‘ONDE ESTÁS MAMÁ?’, de Te Wei, 1960 (a partir de 2 anos). ‘A FLAUTA DO NENO BÚFALO', de Te Wei codirixida con Qian Jianjun, 1963 (a partir de 2 anos). ‘A LOITA ENTRE A GARZA E A AMEIXA', de Hu Jinquing, 1983 (a partir de 2 anos). ‘O CALIFA CIGOÑA’, Lotte Reiniger, 1929, (a partir de 3 anos). ‘A FRAUTA MÁXICA’, Valeriy Ugarov, 1995 (a partir de 5 anos). ‘LES TROIS INVENTEURS’, Michel Ocelot, 1980 (a partir de 6 anos). Nesta ligazón que vos facilitamos a continuación, poderedes realizar o taller "Pre_Cine: zoótropo e Taumatropo", coa asociación Espacio Rojo. https://vimeo.com/401570780 Máis información sobre a MICE en liña aquí: http://mice.museodopobo.gal/archivos/133

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb


MICE EN LIÑA . 26-03-2020

No extraordinario desta situación, pensamos que a cultura tamén pode ser un espazo de coidados e apoio mutuo, por iso o Museo do Pobo Galego e a dirección da MICE decidiron poñer en marcha este evento dun xeito diferente, non haberá seccións competitivas senón que o que se realizará será unha selección reducida de contidos audiovisuais e formativos que se ofrecerán en liña e que non exclúen a celebración da mostra prevista para a segunda quincena de setembro. A partir do 24 de marzo habilitaráse na conta de Vimeo do Museo do Pobo Galego, unha canle na que se irán publicando cada dous días, algunhas das películas que pasaron en anteriores edicións pola MICE. Nesta primeira xornada poderanse ver 'Grab and run', de Roser Corella, un filme que aborda o rapto de noivas en Kirguizistán. Tamén se poderá ver 'Hora silenciosa' de Noelia María Muiño, unha curtametraxe documental que nos achega á forma de vida da comunidade de clausura que viven no convento de San Paio de Antealtares. Nas seguintes xornadas, habilitarase o visionado doutras películas premiadas na MICE como 'Nimble Fingers' de Parsifal Reparato, un retrato de dúas traballadoras dunha das moitas multinacionais que se asentan en Hanoi (Vietnam); 'Os fillos da vide' de Ana Domínguez, unha viaxe fílmica que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións na súa terra natal; 'Belén' de Adriana Vila Guevara, no que mediante un traballo de campo esencial e a través da música, o público poderá coñecer a Belén María Palacios, a “reina do quitiplá”. Tamén se poderá visualizar 'O tesouro de Corcoesto', de Cora Peña, un documental que se centra na problemática do proceso extractivo da mina de ouro de Corcoesto (Bergantiños) e L’eau sacrée de Olivier Jourdain, unha película que nos mergulla na sociedade ruandesa, explorando a sexualidade da comunidade con humor e espontaneidade. CANLE DE VIMEO: https://vimeo.com/channels/1550928

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb


Convocatoria XII Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. 05-03-2020

A Fundación Antonio Fraguas Fraguas convoca os premios do XII Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas é un xeito de lembrar a figura do eminente pedagogo que fora primeiro director do Museo do Pobo Galego, premiando a comunidade escolar polos seus esforzos cara á educación patrimonial e á valoración do noso acervo cultural. Seguindo na liña por el trazada, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas convoca a duodécima edición do proxecto didáctico encamiñado á realización de pescudas sobre o noso patrimonio nos centros escolares de Galicia. O ámbito temático abranguerá un ou varios destes campos: etnografía, antropoloxía, xeografía, historia ou arte da contorna inmediata do centro. Un capítulo ou alínea do traballo dedicarase a abordar algún aspecto lingüístico (toponimia, antroponimia, léxico, fraseoloxía...) relacionado co tema proposto. Valoraranse as accións que fomenten a educación en igualdade e/ou o coñecemento do patrimonio material e inmaterial relacionado cos camiños de Santiago. O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e está recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria como proxecto de innovación educativa.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 175Kb


VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades. 07-02-2020

"A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, Lingua e Cultura" Baixo este epígrafe, e coa colaboración do Consello da Cultura Galega e do Museo do Pobo Galego, preséntase este VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades. Desde hoxe e ata o mes de outubro celebraranse diversas sesións que poderán vostedes consultar no programa que se achega con esta nota.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 7484Kb


MICE Petís - Programación audiovisual, para Centros Educativos, da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. 23-01-2020

MICE Petís é a parte da programación audiovisual dedicada ao público escolar e unha das novidades desta 15ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O programa, que se desenvolverá dentro do festival polas mañá, está pensado para dúas franxas educativas: de 2º a 5º de EP e de 6º de EP a 4º da ESO. As curtas que compoñen as sesións son películas que interesan dende o punto de vista da etnografía polo coñecemento que achegan do mundo infantil e xuvenil en diferentes culturas (pasando do Nepal a Suecia, entre outras). Estas pezas conectan ademais distintas procedencias nun percorrido de oriente a occidente no que se mostran diversos usos culturais á vez que se traballan valores tan importantes na educación como a igualdade de xénero, a identidade sexual ou a diversidade funcional. As prazas son limitadas e a actividade gratuíta, para o cal será necesaria a inscrición previa escribindo ao correo electrónico servizosdeac@museodopobo.gal. Para máis información, consultar o documento adxunto no que se mostran as datas, horas e espazos de proxección.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 908Kb


Barrococó . 22-01-2020

"Santiago de Compostela. Ano 1700. DON-DON-DON-DON-DON-DON-DON. Tocan as sete da tarde na Berenguela. As rúas ateigadas de xente cheiran a pan e a ouriñal. Óense o ruxerruxe dos carros cargados de pedra e o cantar dos punteiros. PIM-PAM-PIM-PAM. O Mestre Maior pasea do Pombal á catedral. As lavandeiras fan a revolución... e unha nai sae á xanela berrando polos fillos perdidos: "Ai meus nenos, meus neniños". Ao lonxe, no monte, os lobos...". Este espectáculo de narración oral e música realizado pola compañía Rilo & Penadique para o Museo do Pobo Galego está pensando para achegar o mundo de Domingo de Andrade ao alumnado de 1º e 2º de Primaria, no ano no que se lle dedica o Día das Artes Galegas.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 99Kb


Aberta a inscrición / Call for entries 15ª MICE Museo do Pobo Galego. 18-11-2019

A 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 23 ao 29 de marzo de 2020, abre o prazo para a presentación de filmes que serán seleccionados para concursar na Sección Oficial da mostra. Dito prazo estará aberto dende hoxe, día 7 de novembro, ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2020 ás 23.59h, a través das webs Clickforfestivals e FestHome. Podedes consultar aquí as reglas de inscrición, premios e proceso de selección no documento anexo.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 252Kb


Programa Escolar 2019/2020. 16-09-2019

O programa escolar do Departamento de Didáctica e Acción Cultural (DEAC) do Museo do Pobo 2019/20 centrarase de outubro a decembro na figura de Antonio Fraguas, no final do ano en que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras a este persoeiro tan ligado ao museo. A partir de xaneiro de 2020 co gallo da dedicatoria do Día das Artes Galegas a Domingo de Andrade, as actividades centraranse no que foi o arquitecto da reforma barroca do edificio que acolle a este museo e, en especial, na escaleira helicoidal.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 804Kb


Visitas guiadas á mostra “Galicia Máxica: Romarías e santuarios”. 29-08-2019

A exposición fotográfica “Galicia Máxica: Romarías e santuarios”, do antropólogo e historiador danés Gustav Henningsen, poderase visitar ata o vindeiro 22 de setembro no Museo do Pobo Galego. Por este motivo, o Departamento de Educación e Acción Cultural e o Departamento de exposicións organiza as últimas tres sesións de visitas guiadas á mostra a cargo de David Conde Lourido, comisario da exposición. As visitas, de carácter gratuíto, terán lugar os mércores, días 4, 11 e 18 de setembro ás 17h30 da tarde. Para asistir a esta actividade é preciso inscribirse previamente enviando un correo electrónico a exposicions@museodopobo.gal ou chamando ao 981583620, indicando o nome, apelidos e o día en que se quere asistir á visita.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 408Kb


Regueifa para a igualdade. Obradoiro para persoas adultas.. 27-06-2019

A regueifa é un modo de improvisación oral propio de Galicia no que dous grupos se retan dialecticamente. Introducindo temáticas como a ecoloxía, a defensa da lingua e, especialmente, o feminismo, traemos a regueifa ao século XXI procurando un discurso actualizado, que promova a igualdade e, á vez, axude a transmisión da lingua galega como ferramenta socializadora. Este obradoiro estará dirixido por Sara Marchena e Alba María, filólogas e regueifeiras do Proxecto Regueifesta. HORARIO: xoves 27 de xuño de 17h30 a 19h no Museo do Pobo Galego. PÚBLICO: persoas adultas. PRAZAS: 25. PREZO por materiais: Persoas desempregadas e socias/os do Museo: de balde. Para quen non estea nestas situacións: 2€. INSCRIPCIÓN PREVIA (por orde de chegada): servizosdeac@museodopobo.gal ata o 25 de xuño.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 103Kb


Fraguando datos sobre D. Antonio. 08-05-2019

Desde o DEAC do Museo do Pobo dispoñibilizamos o xogo autónomo "Fraguando datos sobre D. Antonio" co que as familias e alumnado de 3º a 6º de E.Primaria, poderán coñecer a Antonio Fraguas, homenaxeado das letras 2019 e o que foi director desta entidade. Trátase dun conto e un xogo de pistas elaborado pola socia Marga Alborés e o debuxante Gonzalo Vilas co que percorrer as salas do Museo de xeito ameno e divertido. Podedes pedilo coa vosa entrada ao Museo ou descargalo nas seguintes ligazóns: - Conto: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/files/Conto%20Antonio%20Fraguas.pdf - Pistas: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/files/FRAGUANDO%20DATOS%20Pistas%20Novas.pdf

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 9149Kb


Xornada Internacional de Museoloxía. Usos do pasado: memoria, patrimonio, museoloxía e construción da democracia.. 07-05-2019

A xornada internacional que leva por título “Usos do pasado: memoria, patrimonio, museoloxía e construción da democracia”, terá lugar o vindeiro 7 de maio, mes no que se celebran o Día Internacional dos Museos e o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Antonio Fraguas quen foi fundador, director e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. Encontro co-organizado polo Museo do Pobo Galego, Universidade Nova de Lisboa - Instituto de História Contemporânea, o Departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e o Incipit-CSIC, traerá a Santiago de Compostela numerosos representantes da Museoloxía Social de Portugal e de Galicia.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 268Kb


AXENDA DAS LETRAS GALEGAS. 30-04-2019

No documento adxunto detállanse as actividades programadas polo Museo ao largo do mes de maio para conmemorar o Día Das Letras dedicado a don Antonio Fraguas e mais o Día Internacional dos Museos. Agradecemos a participación das persoas socias e amigas do MPG.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 35Kb


BiblioteqEROS no Arquivo da Deputación de Pontevedra. 30-04-2019

A mostra “BibliotequEROS. O erotismo nas bibliotecas do MPG” inaugúrase martes 30 de abril ás 19:00 no Arquivo do Patrimonio Documental e Bibliográfico de Pontevedra (Rúa Pai Amoedo). O acto iniciarase cunha presentación de Santiago Díaz Lage, que irá seguida pola visita guiada á exposición (19:45.).

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 117Kb


A voltas co Baile: O Baile tradicional, un patrimonio do século XXI?. 27-04-2019

"A voltas co baile" é unha xornada arredor dos cambios, influencias e devires do noso baile que o DEAC organiza desde 2012. Nesta ocasión centrarémonos na publicación no D.O.G. da resolución da D.X. de Patrimonio Cultural pola que se incoa o expediente para declarar o baile tradicional galego como ben de interese cultural do patrimonio cultural inmaterial. Este recoñecemento previo é necesario para levar adiante a iniciativa impulsada desde 2013 polo colectivo XOC, plataforma formada polas asociacións Xacarandaina (A Coruña), O Fiadeiro (Vigo) e Cantigas e Agarimos (Santiago) de que baile e danza tradicionais galegos sexan declarados Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade por parte da Unesco. O texto da resolución avivou o debate ao redor de cuestións relacionadas coa tranmisión na actualidade de aspectos ligados á tradición que no caso do baile, vai das consideracións técnicas ás medidas de divulgación e a representación escénica, pasando polo cuestionamento dos roles de xénero. O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego convida nesta edición de A Voltas co Baile a diferentes profesionais relacionados co baile e co patrimonio para afondar sobre estas cuestións.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 1534Kb


CURSO: O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?. 23-11-2016

O Departamento de Educación do Museo do Pobo Galego e a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencias Tipo Alzhéimer (AGADEA) colaboran, desde 2006, coa finalidade de estimular, a partir do patrimonio cultural que o Museo atesoura, ás persoas con demencias tipo alzhéimer. Como froito deste traballo, nace en 2016 a guía “Activando a Memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva”, pensada para implementarse desde o ámbito da educación patrimonial e da terapia cognitiva. No curso "O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?", Beatriz Rey (terapeuta ocupacional) e Carme Campo (educadora do Museo) explicarán as diferentes fases de traballo para elaborar estes materiais e porán en práctica varios dos exercicios recollidos nela. Será no mércores 23 de Novembro, de 16h a 19h no auditorio do Museo do Pobo Galego. Está dirixido a persoas do ámbito terapéutico, das educación patrimonial e a coidadores e coidadoras de persoas con doenzas tipo alzhéimer. O curso é gratuíto e conta con prazas limitadas polo que é necesario inscribirse antes do 18 de Novembro en deac@museodopobo.gal ou no 981 583 620.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 188Kb


Café da Memoria. Gandeiras. 17-11-2016

Unha parola que protagonizan os relatos daquelas e daqueles que son fonte viva da historia recente e que nos axudan a interpretar o mundo no que vivimos. Nesta ocasión serán compartimos café con Pilar Camba Cardil, Marina Rei e Pilar Guimarei. Considerado como unha extensión das tarefas domésticas, o estatus laboral das gandeiras, defínese máis pola relación familiar que ostenta co titular da explotación, que polo traballo desempeñado na mesma. A invisibilización do papel activo que as mulleres teñen no sector agrario, tradúcese en dificultades que van desde o acceso en igualdade á propiedade da terra até ate a súa presenza en postos de toma de decisións. E a crise do sector, cos progresiva desaparición das granxas pequenas e dos mercados locais, non axuda a mellorar a situación destas gandeiras.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 119Kb


Consulta o programa do simposio REPENSANDO GALIZA: AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931). 17-11-2016

Este ano cúmprese o centenario da creación das Irmandades da Fala (1916-1931), primeiras organizacións do nacionalismo galego. A súa actividade política, cultural e lingüística implicou un importante punto de inflexión no devir do país en moitos ámbitos e sentou as bases da posterior consolidación de singularidades que chegarán aos nosos días. O presente Congreso pretende actualizar estudos previos e fornecer un marco de análise e debate sobre a súa significación na evolución do pensamento, das ciencias, da literatura e das artes de Galiza, así como a súa incidencia na dinámica política dun período en que as tensións nacionais e a conflitividade socio-política adquiren unha especial relevancia no seo do Estado español. O Simposio desenvolverase do 17 ao 19 de novembro. Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico a congresoirmandades@museodopobo.gal Matrícula gratuíta

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 142Kb


2ª Biblioteca Vivente "Tesouros vellos para xente nova". 19-10-2016

Logo da boa acollida da primeira edición celebrada en 2013, o Museo e Xandobela | Educación e Cultura organizamos a segunda edición da Biblioteca Vivente “Tesouros Vellos para Xente Nova”, nesta ocasión co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Nunha Biblioteca Vivente os libros son persoas que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos lectores e as lectoras. Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Terá lugar no Museo do Pobo Galego o día mércores 19 de outubro ás 17h30. Se desexas participar tes que enviar un correo electrónico a bibliotecasviventes@xandobela.info e mandarémosche as instrucións para a selección de lecturas na aplicación web.As prazas son limitadas.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 3967Kb


Volta ao cole!. 05-09-2016

Programación Infantil e primaria 2016/17

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 510Kb


11ª MICE. Videopresentación realizada por Raquel Rei. 17-06-2016

11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico - Raquel Rei from Museo do Pobo Galego on Vimeo.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 2300Kb


MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO. 15-01-2016

En xuño de 2016 celebrarase a undécima edición da Mostra de Cine Etnográfico. A Mostra conta agora con sección competitiva con tres premios: mellor película etnográfica, mellor película galega ou sobre Galicia e premio do público. Desde hoxe e ate o 7 de abril, ábrese a convocatoria para inscribirse que se pode facer a través da plataforma www.clickforfestivals.com Tamén podedes descargar as bases en galego e castelán desde aquí.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 61Kb


A Gramola Gominola. 14-11-2015

ROCK NO MUSEO COA GRAMOLA GOMINOLA O vindeiro 14 de novembro ás 18h30. A Gramola Gominola, presenta o seu primeiro disco no Museo. A nova formación está constituída por Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (batería) que acumulan anos de experiencia na música infantil co grupo Mamá Cabra. O traballo editado por Galaxia na súa colección Sonárbore, conta coa participación de diferentes artistas coma Mini e Mero, Luís Tosar, Pablo Dalama, Gende Beat ou Alberto Cereijo. No espectáculo que van presentar no MPG, fan un repaso pola historia da música moderna onde se recollen estes diferentes estilos, cunha proposta didáctica para os e as máis novas da casa, onde poderán coñecer en clave de humor os diferentes estilos que engloban este mundo de músicas. Este repaso polas orixes e evolución da música serve de fío condutor para falar de valores tan esenciais como a amizade, a familia ou a importancia de facer deporte e levar unha alimentación saudable, o estudo pero tamén os xogos, a natureza e os seus recursos, a historia de Barriga Verde, todos contidos das súas letras. As entradas pódense recoller desde o xoves 12 de novembro ás 16h00 no Museo cun límite de catro por persoa

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 112Kb


Daboapipa. Contos do Animalario. 23-10-2015

O vindeiro 23 de outubro ás 17h30 "Contos do Animalario" de daboapipa no Museo. Aforo limitado. Entrada xeral 2 euros. Menores, persoas socias e desempregadas de balde. Recollida de entradas desde o xoves 22 ás 16h00 na recepción(máximo 4 por persoa).

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 714Kb


Programación escolar.Ensino Secundario.. 22-09-2015

Oferta didáctica do DEAC para o ensino secundario durante o curso 2015/16.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 105Kb


Programa educativo para infantil e primaria 2015/16.. 10-09-2015

PROGRAMACIÓN PARA CENTROS ESCOLARES CURSO 2015/16. Presentámosvos algunhas propostas para usar o Museo como recurso didáctico. Para reservar ou pedir máis información podedes chamar ao Tl.981583620 de luns a venres ou escribir en calquera momento a deac@museodopobo.gal

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 1573Kb


Català-Roca en Compostela. 1956-1965. 30-04-2015

O Museo do Pobo Galego colabora na edición do fotolibro que recolle unha ampla escolma das imaxes que o fotógrafo Francesc Català-Roca (1922-1988) realizou en Santiago de Compostela nos anos 50 e 60 do século pasado. A publicación, ao coidado de AR e Novaniké, pódese adquirir na recepción do Museo ou solicitala por correo electrónico a info@museodopobo.gal

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 60Kb


Presentouse á presidenta do Parlamento o libro Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. 03-02-2015

O 2 de febreiro a presidenta do Parlamento, dona Pilar Rojo, recibiu o presidente do Padroado, Justo Beramendi, o director do Museo, Carlos García Martínez, o director de Xerais, Manuel Bragado, e Manuel Blanco Desar, editor do libro "Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico", que lle fixeron entrega da obra coeditada por Edicións Xerais de Galicia e Museo do Pobo Galego. O libro recolle os resultados dos traballos fomentados polo Instituto de Estudos das Identidades durante 2012 e 2013, ao fío dos foros sobre natalidade e vellez en Galicia. Estes foros desenvolvéronse nas principais cidades, coa intervención de numerosos profesionais e persoeiros de distintos eidos e colectivos. A obra compleméntase cos ensaios de diferentes autores, especialistas en etnografía, economía, demografía, socioloxía e politoloxía, así como coas reflexións e achegas de representantes das forzas políticas e sociais máis sobranceiras do país, e doutros académicos e profesionais da ciencia, o xornalismo, a cultura, a arte e a empresa. Con este traballo preténdese convidar á sociedade galega a matinar no seu futuro e a actuar diante do grave desafío vital que representa a súa baixa fecundidade dende hai trinta anos –unha das tres máis baixas de Europa– e o seu correlativo avellentamento. Este libro caracterízase pola súa pluralidade. Pluralidade de opinións, sensibilidades e enfoques, mais tamén pluralidade na análise das causas deste problema e das súas posibles solucións. Pero pluralidade cun ánimo e obxectivo comúns: o amor por Galicia, polo seu pobo e por albiscar unha esperanza demográfica, lonxe do fatalismo e a pasividade.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 39Kb


Barriga Verde. De feira en feira. 14-11-2014

Coincidindo coa exposición Barriga Verde. De feira en feira, está programada unha serie de actividades paralelas, como a proxección do documental “Morreu o demo, acabouse a peseta”, obradoiros de monicreques para familias, visitas teatralizadas para escolares de Segundo Ciclo de Infantil (os xoves de novembro e decembro) ou visitas comentadas para o Terceiro Ciclo de Primaria (ambas visitas con reserva previa). Información e reservas: Departamento de Educación e Acción Cultural, 981583620.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 185Kb


Olladas sobre o Museo . 24-10-2014

Celebramos unha nova edición das Olladas sobre o Museo. Nesta ocasión é Maese Seisdedos o que nos convida a compartir a súa mirada: a da literatura de cordel. A literatura de cordel é un xénero literario popular, escrito frecuentemente na forma rimada, con orixe en relatos orais e despois impreso en folletos. O nome venlle de que os folletos eran expostos para a venda pendurados de cordeis. Os cegos cantores,que aínda percorreron as aldeas galegas durante boa parte do século XX, eran tamén vendedores deste tipo de literatura, de feito, a narración cantada de sucesos era un reclamo para vender as coplas editadas neste formato. Agardámosvos o vindeiro venres, 24 de outubro, ás 19h30 da tarde.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 334Kb


II Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura. Os alimentos como produto cultural. 04-10-2014

A produción de alimentos no só ten como fin cubrir as necesidades nutricionais das persoas, senón contribuír ao seu desenvolvemento persoal mediante a culturización da súa preparación e consumo, como acertadamente define o movemento Slow Food e que recolle no seu axioma de que os alimentos deben ser “bos, limpos e xustos”. Neste contexto é como o lema deste foro, Os alimentos como produto cultural: tradición, innovación e identidade toma verdadeira dimensión. No II FORO “ISAAC DÍAZ PARDO” EMPRESA E CULTURA, poderemos coñecer algunhas experiencias sobre alimentos producidos por empresas que se basean en recursos autóctonos e elementos da tradición cultural, onde a filosofía que defende e fomenta o movemento internacional Slow Food sobre o que é un alimento serve de marco para encadrar estas experiencias e nos permitirá coñecer o alcance e posibilidades existentes para a actividade empresarial e o desenvolvemento de novos produtos alimentarios baseándose na cultura e saber facer propios.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 287Kb


Prende no Colo. 02-10-2014

Obradoiro didáctico para pais e nais con crianzas de 0 a 3 anos. Xoves, 2 de Outubro de 2014, ás 17h30 Duración de 60 minutos Este obradoiro achegará cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar a crianzas de 0 a 3 anos no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais. Dirixido por Luís Prego, profesor de canto e baile tradicional e autor do libro “Xogos Musicais”. Inscrición necesaria en deac@museodopobo.com ou no 981583 620

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb


Retornadas. Café da memoria. 25-09-2014

Nova edición do Café da memoria ao redor da emigración feminina da 2ª metade do século XX. Xoves, 25 de setembro ás 18h00.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 506Kb


Programación escolar 2014/15. 10-09-2014

Comezamos un novo curso e o DEAC do Museo xa ten a vosa disposición a programación 2014/15 con propostas desde Infantil até os bacharelatos. Máis información no apartado do DEAC (Educación e Acción Cultural) / Visitas grupos.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 415Kb


Verán 2014. 28-07-2014

Programación do DEAC do Museo para os meses de xullo,agosto e setembro.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 1431Kb


O Remuíño que se fixo escaleira. 26-07-2014

Para facilitar a visita á colección do MPG cos pequenos e pequenas da familia, o departamento de Educación e Acción Cultural deseñou un xogo de pistas para recorrer as salas do Museo dunha maneira divertida e autónoma. O xogo está dispoñible en galego, castelán e inglés e entrégase coa entrada na recepción do Museo.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 599Kb


Foros do Instituto de Estudos das Identidades: NATALIDADE E VELLEZ EN GALICIA. 16-03-2013

Finalizado o ciclo "Natalidade e Vellez en Galicia. Un pobo con pasado, un pobo con futuro?", o próximo 16 de marzo vai ter lugar no Museo unha sesión de conclusión, na que os participantes se reunirán para revisar en común os aspectos tratados nos diferentes foros e preparar a edición dos materiais elaborados.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 124Kb


A VOLTAS CO BAILE: Valse, Rumba e Pasodobre. 30-11--0001

Segunda edición do curso "A voltas co baile" este ano dedicado ao estudo da orixe, da evolución e da adaptación galega da rumba, do valse e do pasodobre. Celebrarase o sábado 27 de abril de 11h a 14h e de 16h30 a 19h30 e o profesor será Manolo Cobas. É necesaria inscrición no 981583620 ou en deac@museodopobo.com. Esta actividade conta coa colaboración da Concellería de Cultura do concello de Santiago de Compostela.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 79Kb


Vídeo resumo das Olladas 2012: o clown. 30-11--0001

"Olladas sobre o Museo:o clown". A produtora "Illa Bufarda" fixo un resumo da ollada/actuación de Isabel Risco e Fran Rei o 26 de outubro do pasado ano.Podedes dispór da gravación ao completo no Museo.

Olladas sobre o museo: o clown from Illa Bufarda on Vimeo.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb

O museo acolle

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade